EMPREGO
O Plan de Formación 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, (13 por teleformación e 13 presenciais). Sumaron 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas. Para realizar estes cursos presentáronse 968 solicitudes.
Cun orzamento de 122.253 euros, a Concellaría de Promoción Económica deseñou o plan formativo tendo en conta a difícil conxuntura económica actual, co obxectivo de que as persoas beneficiarias aumenten a súa capacitación profesional mediante a mellora das súas habilidades ou a adquisición de novos coñecementos que amplíen as súas expectativas de inserción laboral, mellorando así a calidade dos recursos humanos dos que dispoñen as empresas da cidade e, polo tanto, a competitividade das mesmas.
Cursos de teleformación
98 persoas, das 136 inscritas, remataron os 13 cursos do Plan de Formación 2009 impartidos en agosto e setembro por internet a través da Plataforma de formación maiscompostela. Recibíronse 637 solicitudes de inscrición, xa que unha mesma persoa podía inscribirse en varios cursos, para cubrir 200 prazas. Estes cursos estaban destinados ao sector industrial, ao empresariado (incluído comercio) e ás persoas emprendedoras.
Cursos destinados ao sector da construción
A través do Plan de Formación 2009 desenvolvéronse 12 cursos destinados ao sector da construción, todos eles presenciais. Para estes 12 cursos recibíronse 381 solicitudes de inscrición. Foron cinco especialidades nas que se formaron 75 alumnos/as e que se impartiron en setembro e outubro. Os outros sete cursos, desenvolvidos en maio e xuño, dos que xa se entregaran os diplomas, contaron con 105 prazas.
Curso de inglés para a atención de persoas estranxeiras
26 persoas, do sector comercial e hostaleiro, remataron o Curso de inglés para a atención de persoas estranxeiras. Cada persoa que accedeu ao curso recibiu formación personalizada e adaptada ao seu propio negocio (con vocabulario específico), evitando os problemas que normalmente limitan a participación do comercio en actividades formativas: a incompatibilidade co horario comercial e a falta de adaptación á realidade concreta do sector.
Os alumnos do segundo semestre dos cursos do Plan de Formación 2009 reciben os seus diplomas acreditativos
26/11/2009 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou os diplomas ao alumnado dos cursos do Plan de Formación 2009 desenvolvidos no segundo semestre do ano. Das 26 accións formativas programadas no plan, 19 impartíronse nos cinco últimos meses, e o resto no primeiro semestre.
Os alumnos que recolleron os diplomas pertencen aos 13 cursos de teleformación destinados ao sector industrial e empresarial e desenvolvidos a través da Plataforma de formación maiscompostela; ao curso personalizado de Inglés para a atención de persoas estranxeiras, destinado ao sector comercial e hostaleiro; e a cinco cursos do sector da construción, destinado a persoas desempregadas e ocupadas. Ao acto, celebrado no Salón Vermello do Pazo de Raxoi, asistiron unhas 40 persoas.O Plan de Formación 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, (13 por teleformación e 13 presenciais). Sumaron 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas. Para realizar estes cursos presentáronse 968 solicitudes.