INFRAESTRUTURAS

Completado o cambio de cara da rúa Xeneral Pardiñas coa reurbanización do seu último tramo

31/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a rematada obra de urbanización do tramo de Xeneral Pardiñas comprendido entre Montero Ríos e Carreira do Conde. Esta actuación, realizada con fondos FIL, supuxo un investimento de 700.000 euros.

Estas obras afectaron a unha superficie total de reurbanización de algo máis de 1.579 metros cadrados, dos que 953 eran de beirarrúas, 525 de calzada e 84 de carga e descarga. Tras a intervención, este tramo de Xeneral Pardiñas quedou con beirarrúas con anchos medios de 4 metros por un lado e máximos de 6,50 metros no outro.

En canto ao novo alumeado e mobiliario urbano, instaláronse farois simples e dobres, bolardos luminosos, light-up orientebles, papeleiras de aceiro galvanizado lacado e 25 árbores (8 tileiras e 15 camelias xapónicas), protexidas por alcorques. A isto hai que engadir a colocación de bancos de 3,5 metros de lonxitude en madeira e unha illa de seis contedores soterrados.

Compartir: