CULTURA
En palabras da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, o festival é máis que números, "unha oportunidade de ver cine, de ver bo cine e de ver moito cine'. Para Losa, é ademais unha ocasión única "de poñerse ao día do cine que se fai no mundo", tendo en conta o estado actual da programación en salas comerciais.
Na sección oficial dun festival cunha estrutura estable e recoñecible, destacarán nomes como o de Haneke, pero tamén Manuel de Oliveira -con Singularidades de uma rapariga loura- ou Carlos Saura -presentando Io, don Giovanni- entre os veteráns. Os directores Novísimos contarán cun apartado propio de concurso, no que o público poderá descubrir cintas como Los Condenados, de Isaki Lacuesta, ou Tres días con la familia, de Mar Coll. Ademais, na edición deste ano recoñecerase co Premio Cineuropa o labor e relevancia no panorama audiovisual de Mabel Rivero e de Fernando Trueba.
Haberá lugar ademais no ciclo de cine para os directores galegos: a sección específica Audiovisual Galego completarase con sesións especiais dedicadas á filmografía dos Emerxentes: Oliver Laxe, Xose Manuel Bazarra, Claudia Brenlla e Ángel Santos. Esa "aposta pola cultura do país" , segundo dixo a edil, incluirá tamén unha Noite Especial Crebinsky, coa estrea da primeira bobina da película en 35 mm.
Nas seccións tradicionais, o espazo Mundo Asia dedicará unha atención especial a Takeshi Kitano, coa proxección de cinco filmes do cineasta xaponés. A Retrospectiva voltará a mirada cara aos cineastas Arnaud Despechin e Claire Denis, dous nomes capitais do movemento denominado contraola. Como cada ano, non pode faltar tampouco a tradicional Maratón, un reto para cinéfilos que culminará co filme sorpresa.
Homenaxe audiovisual e musical a The Beatles
Ao apartado xa consolidado dedicado ao documental musical Doc-Music, únese este ano unha maior atención á música con sesións especiais protagonizadas pola filmografía oficial de The Beatles. Títulos como A hards day's night, Yellow Submarine ou Magical Mystery Tour estarán acompañados nesa selección por rarezas difíciles de contemplar sobre o mítico grupo musical, coma o seu directo o Shea Stadium de Xapón ou a intervención do conxunto no programa televisivo de Ed Sullivan. Á homenaxe videográfica unirase tamén un concerto especial na Sala Capitol, dedicado aos de Liverpool. Coa presentación de Camilo Franco, o 10 de novembro soará a música de grupos como Faltriqueira, The Homens ou Niño y Pistola.
Esa festa é unha das novidades deste ano, pero non a única. Quizais menos apreciada polo fiel público de Cineuropa, haberá outra estrea nesta vintetrés edición do festival. O libriño co programa e fichas de todas as películas será por primeira vez de pago, iso si, cun prezo simbólico de cincuenta céntimos. Deste xeito, segundo dixo o director-xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, pretende racionalizarse tanto o uso por parte dos espectadores como a xestión dos recursos do festival.
Polo demais, a entrada puntual para cada película custará tres euros, mentres que o abono para dez proxeccións terá un prezo de vinte euros. Os asiduos que escollan esta segunda opción, levarán ademais o programa de balde.
Máis de 120 longametraxes e 18 estreas absolutas na XXIII edición de Cineuropa
30/10/2009 Chega como cada novembro unha das citas culturais máis agardadas do outono cultural da cidade. O mércores 4 de novembro, a película gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, A cinta branca, de Michael Haneke, abrirá unha maratón de proxeccións que durará ata o 2 de decembro.
Serán 160 títulos os que se poderán ver nesta edición, dos que 123 son longametraxes e 37 curtas. Do total, 100 filmes non foron estreados aínda en salas españolas, e 18 son estreas absolutas en España, segundo indicou o director do festival, José Luís Losa, quen destacou que este é "un festival vivo, porque ten público e porque se vive o cine como xa non se fai".En palabras da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, o festival é máis que números, "unha oportunidade de ver cine, de ver bo cine e de ver moito cine'. Para Losa, é ademais unha ocasión única "de poñerse ao día do cine que se fai no mundo", tendo en conta o estado actual da programación en salas comerciais.