SERVIZOS
Os datos xerais do cemiterio indican que na actualidade conta con 8.659 sepulturas, 2.433 nichos e 168 panteóns construídos. Ata o 30 de setembro, houbo un total de 74 novas ocupacións: 39 nichos en aluguer, 12 nichos en concesión, 19 sepulturas en concesión e 4 cinerarios en concesión. En todo 2008 foran 80 as novas ocupacións.
Nestes intres están libres 98 nichos, 373 nichos cinerarios e 133 sepulturas. O cemiterio de Boisaca ten unha superficie total de 66.000 metros cadrados, dos cales 2.800 son terreo propio.
Nos nove primeiros meses deste ano expedíronse 55 certificados de titularidade. Producíronse 66 cambios de titularidade de sepulturas, 4 de nichos, 4 de panteóns e 1 dun cinerario. A isto hai que engadir un total de 44 expedientes de traslado de restos.
Tarifas
Na actualidade, as taxas pola utilización do cemiterio son as seguintes:
- Concesións de terreo, para construción de mausoleos, criptas e panteóns: 625,20 €
- Concesión de nichos por 99 anos:
Primeira clase . 817,30 €
Segunda clase . 775,70 €
- Concesións de nichos cinerarios por 99 anos 148,10 €
- Concesións de sepulturas por 99 anos. 240,30 €
- Aluguer de nichos segunda clase:
Ocupación polos cinco primeiros anos . 27,80 €
Prórroga anual de aluguer que exceda de cinco anos. 27,80 €
- Construción de mausoleos, panteóns, criptas sepulturas baixo terra.
Por permiso e metro cadrados ou fracción de superficie delimitada
por perímetro de zócolo. 36,80 €
Autobuses cada 15 minutos
Os días 31 de outubro e 1 de novembro, durante o horario de apertura do cemiterio, de 9.00 a 19.00 horas, haberá autobuses da liña 1 cada 15 minutos. Esta liña cobre o traxecto entre o polígono do Tambre e o Hospital Clínico. O percorrido de ida é o seguinte: polígono do Tambre, vía Edison, cemiterio, estrada da Coruña, San Roque, Senra, Rosalía de Castro, Choupana e Hospital Clínica, realizando o traxecto inverso á volta.
Para máis información, os usuarios teñen á súa disposición o número de teléfono 901 120 054.
Ampliación do horario de apertura do cemiterio e reforzo do transporte urbano con motivo de Todos os Santos e Defuntos
30/10/2009 Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o horario de apertura do cemiterio de Boisaca será de 9.00 a 19.00 horas do 29 de outubro ao 2 de novembro. Ademais, polo notable incremento de visitantes deste cemiterio nestas datas, reforzarase o servizo de transporte urbano os días 31 de outubro e 1 de novembro.
Nos nove primeiros meses de 2009, o cemiterio de Boisaca rexistrou un total de 295 inhumacións e 54 incineracións. Na totalidade do 2008 realizáranse 376 inhumacións e 62 incineracións.Os datos xerais do cemiterio indican que na actualidade conta con 8.659 sepulturas, 2.433 nichos e 168 panteóns construídos. Ata o 30 de setembro, houbo un total de 74 novas ocupacións: 39 nichos en aluguer, 12 nichos en concesión, 19 sepulturas en concesión e 4 cinerarios en concesión. En todo 2008 foran 80 as novas ocupacións.