ALCALDÍA
Máis de 600 empresas hostaleiras participarán en Santiago nun congreso internacional en maio de 2010
30/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación de Hostalería de Galicia, Juan Silva. Este quixo convidalo ao congreso internacional sobre hostalería que albergará o Palacio de Congresos do 19 ao 21 de maio de 2010.
Máis de 600 empresas hostaleiras participarán neste congreso internacional, que se celebra cada dous anos. Neste encontro abordaranse diversas cuestións de actualidade, fundamentalmente relacionadas coa actual conxuntura económica.