ALCALDÍA
Recordou tamén que a de Santiago será, xunto coa de Ourense, a estación central do AVE en Galicia, ademais de ser o punto onde confluirán a liña do Eixo Atlántico e a do AVE a Madrid. "Atenderá a unha demarcación de 600.000 persoas e máis de 40 municipios", sinalou o rexedor municipal.
"Damos un gran paso, todos xuntos, traballando na mesma dirección", reiterou Sánchez Bugallo. Para chegar a este bo fin, realizáronse "pequenos axustes" no texto do convenio, "referidos á que a Xunta terá que emitir un informe preceptivo e vinculante previo á aprobación do Plan Especial". Outro cambio afecta á determinación dos volumes edificables "como máximos e orientativos", engadiu. Asinado o convenio, será o Ministerio o que terá que redactar o Plan Especial. Este terá que ter a "aquiescencia" da Xunta e do Concello, que o será o que finalmente o aprobe.
Fondos FIL adicionais
Preguntado na rolda de prensa polos fondos FIL adicionais aprobados polo Goberno español, o alcalde considerou como a "hipótese máis probable" que o Concello utilice parte da cantidade que lle corresponde a financiar gastos correntes. Do mesmo xeito, cualificou como "previsible" que non se alcance o máximo autorizado para este concepto, o 20%. Recordou que estes investimentos correntes só poden ser "para gastos sociais e de educación".
Sánchez Bugallo xustificou este recurso aos FIL para financiar gastos correntes pola minoración que se produciu nos ingresos procedentes do Estado, que en 2010 serán de 18,4 millóns de euros, "unha cantidade semellante a 2009, pero inferior a 2008 e 2007".
Lembrou que "o Concello finánciase nunha parte a través dos tributos recadados polo Estado e, como a recadación diminuíu, tamén o é a parte que lle corresponde aos concellos e á Xunta". Ademais, citou a minoración de ingresos por outros conceptos, como os urbanísticos. "Se ben Santiago segue a ser unha excepción respecto ao resto de España e o ritmo de concesión de licencias é bo, ao tratarse sobre todo de vivenda protexida, estas teñen moitas exencións fiscais e un prezo mentor, o que reverte en menos ingresos municipais", indicou.
A previsión do alcalde é que, no prazo dun mes, o Concello poda ter definidos os proxectos que se financiarán con estes fondos adicionais.
O convenio para a construción da estación intermodal asinarase o 3 de novembro
30/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o martes 3 de novembro, ás 11:00 horas, asinarase en Raxoi o convenio entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para a construción da estación intermodal do AVE. "Ben está o que ben acaba", apuntou, resaltando a "vontade de colabora coa Comunidade Autónoma e co Ministerio para sacar adiante unha actuación decisiva e decisoria para Santiago e para o conxunto de Galicia".
O ministro de Fomento, José Blanco; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinarán en Raxoi o convenio. En virtude do mesmo, manifestou este en rolda de prensa, "Santiago terá a estación intermodal que necesita, con catro aparcadoiros e 1.800 prazas, coa estación de autobuses integrada e cunha capacidade para 7 ou 8 millóns de pasaxeiros".Recordou tamén que a de Santiago será, xunto coa de Ourense, a estación central do AVE en Galicia, ademais de ser o punto onde confluirán a liña do Eixo Atlántico e a do AVE a Madrid. "Atenderá a unha demarcación de 600.000 persoas e máis de 40 municipios", sinalou o rexedor municipal.