MEDIO AMBIENTE
O gran parque natural de Santiago
A Selva Negra constitúe unha zona natural de enorme potencial no camiño da recuperación dos bosques de frondosas autóctonas galegas, que contribuirá a enriquecer o patrimonio natural de Santiago. Hoxe o espazo caracterízase pola existencia dunha carballeira de exemplares de gran porte que rodea unhas 2 hectáreas de prado en tránsito a mato; após da carballeira, unha masa de eucaliptos de alta densidade, entre os que os pequenos carballos pugnaban por sobrevivir.
A eliminación das acacias e dos eucaliptos potenciará o desenvolvemento dos carballos e a eles engadiranse outras frondosas (bidueiros, cerdeiras, capudres, érbedos, faias, castiñeiros, nogueiras..) ao tempo que se respectan as especies arbustivas xa presentes (acivros, loureiros, sanguiños, pereiras, estripeiros....). En resumo, trátase de conservar os prados, sanear a carballeira e ampliar a súa extensión substituíndo os eucaliptos e acacias por carballos e outras frondosas.
Os traballos que se están acometendo abranguen a retirada dos eucaliptos e acacias e o tratamento das cepas para impedir o rebrote, a protección do solo para evitar a erosión mentres duran as intervencións, o tratamento selectivo do mato para potenciar as especies xa implantadas e, posteriormente, a implantación de novas frondosas, micorrizadas, co que se facilita o crecemento dos exemplares plantados e tamén a futura presenza de setas.
A recuperación da Selva Negra, primeira experiencia en Galicia de substitución masiva de eucaliptos por árbores autóctonas
29/10/2009 "Unha valgada con dous prados na parte baixa rodeados dunha carballeira ampla que tamén terá outras especies autóctonas, aumentará enormemente o valor ecolóxico, o valor paisaxístico e o valor recreativo dun espazo que xa hoxe é de grande interese". Con estas palabras definiu a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, o resultado final dos traballos que se están a desenvolver na Selva Negra.
Cienfuegos visitou a zona acompañada de José María Mira Pino, encargado da obra pola empresa que está a executar estes traballos, financiados con cargo aos fondos do Consorcio que previamente adquirira este terreo para o seu uso público. A edil indicou que "se conservarán os camiños e sendeiros existentes porque a mellora ecolóxica do espazo non ten porqué interferir co seu uso respectuoso" lembrando que "a Selva Negra, de 22 hectáreas, linda coa Granxa do Xesto, dunhas 10 hectáreas; o resultado será un gran parque natural xunto a outro parque máis de transición, conformando entre os dous unha zona verde de mais de 330.000 metros cadrados"O gran parque natural de Santiago