DEPORTES
Pola súa banda, o director Territorial de Aquagest, Casimiro González, subliñou que "é un orgullo e unha honra para a empresa Aquagest patrocinar ao club. Hai catorce nos que emprendemos esta iniciativa. É difícil chegar onde o fixo o club, pero aínda é máis manterse nesa posición". Por último, o vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo, Estanislao Vázquez, indicou que era para a súa institución compartir a presentación dun club "que xa se gañou o respecto do todo pelotón nacional e que tamén está a dar os seus primeiros pasos por Europa. Creo que hoxe en día é o estandarte do ciclocrós".
O Club Ciclista Aquagest presentou o equipo para a temporada de ciclocrós 2009-2010
30/09/2009 O Club Ciclista Aquagest presentou o equipo que disputará a temporada de ciclocrós 2009/2010. O club está patrocinado por Aquagest e conta coa colaboración do Concello de Santiago e da Fundación Compostela Deporte.
O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama, expresou o seu "agradecemento a Aquagest polo esforzo que fai día a día por manter a un equipo humano cuns ciclistas que elevan o facho non só da empresa Aquagest, senón tamén de Compostela e Galicia por todos os recunchos da xeografía española".Pola súa banda, o director Territorial de Aquagest, Casimiro González, subliñou que "é un orgullo e unha honra para a empresa Aquagest patrocinar ao club. Hai catorce nos que emprendemos esta iniciativa. É difícil chegar onde o fixo o club, pero aínda é máis manterse nesa posición". Por último, o vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo, Estanislao Vázquez, indicou que era para a súa institución compartir a presentación dun club "que xa se gañou o respecto do todo pelotón nacional e que tamén está a dar os seus primeiros pasos por Europa. Creo que hoxe en día é o estandarte do ciclocrós".