DEPORTES

Xacobeo Blu:sens e Dínamo de Moscú disputan o I Trofeo Concello de Santiago de Baloncesto

30/09/2009 Presentouse en San Lázaro o I Trofeo Concello de Santiago de Baloncesto, que se celebrará o xoves 1 de outubro, ás 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar. O partido enfrontará ao Xacobeo Blu:sens co Dínamo de Moscú.

O Trofeo foi presentado polo concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo presidente do Obradoiro CAB, José Ángel Docobo; o director xeral do club, Miguel Juane; e o xerente de XADE, Santiago López Cuadrado. Esta primeira edición do torneo servirá tamén como partido de presentación do Xacobeo Blu:sens e será o único que dispute ante a súa afección antes do comezo da liga ACB o sábado 10 de outubro.

Compartir: