RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Este tipo de foros serve tamén para reforzar os compromisos de colaboración entre as unidades participantes e para crear grupos de traballo. Igualmente, estanse a abordar as experiencias na investigación das distintas formas de delincuencia na rede, como pornografía infantil, fraudes ou piratería. Os países asistentes a este foro son España, Ecuador, Venezuela, México, Costa Rica, El Salvador, Colombia, Portugal, República Dominicana, Arxentina, Chile, Brasil e Perú.
Estas xornadas forman parte dos actos centrais organizados para a celebración da Semana Institucional en conmemoración do Día da Garda Civil con motivo da patroa del Corpo.
Policías de 13 países iberoamericanos debaten sobre os delitos informáticos
30/09/2009 Representantes policiais de 13 países expertos na investigación de delitos a través da rede participan no VI Foro Iberoamericano de Encontro de Ciberpolicías. O seu programa de actos incluíu unha visita ao Concello.
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu aos participantes neste Foro, organizado pola Garda Civil e que leva como título "Un faro para a loita contra o cibercrime". O obxectivo deste encontro é impulsar canles de comunicación entre as distintas unidades de investigación de delitos informáticos, que permitan un intercambio de experiencias y axudas técnicas máis fluídas.Este tipo de foros serve tamén para reforzar os compromisos de colaboración entre as unidades participantes e para crear grupos de traballo. Igualmente, estanse a abordar as experiencias na investigación das distintas formas de delincuencia na rede, como pornografía infantil, fraudes ou piratería. Os países asistentes a este foro son España, Ecuador, Venezuela, México, Costa Rica, El Salvador, Colombia, Portugal, República Dominicana, Arxentina, Chile, Brasil e Perú.
Estas xornadas forman parte dos actos centrais organizados para a celebración da Semana Institucional en conmemoración do Día da Garda Civil con motivo da patroa del Corpo.