ALCALDÍA

Unhas mil persoas velarán cada día pola seguridade e atención dos visitantes durante o Xacobeo 2010

29/09/2009 O Concello acolleu a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se presentou o Plan Director de Seguridade do Xacobeo 2010. Entre outras medidas, acordouse a constitución dunha comisión de seguimento, con representantes das tres administracións e da Igrexa, integrada á súa vez por tres órganos que supervisarán o volume de efectivos dispoñibles e as necesidades de cada momento.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que unha media de 1.000 persoas velarán cada día pola seguridade e atención dos visitantes que cheguen a Santiago no ano 2010. Este dispositivo ten o obxectivo que este se sintan nunha cidade "cómoda e segura" durante a súa estanza.

Nesta dirección e, preguntado por asuntos concretos, como o das mochilas, o alcalde apuntou que existirá unha en San Martiño Pinario e que tamén se contempla a creación dunha en Xoán XXIII e doutra na antiga Casa do Deán. Para as bicicletas habilitarase un espazo en Xoán XIII e para os cabalos barállanse dúas posibilidades, un espazo no Monte do Gozo ou unha proposta do Proxecto Home.

Sobre o aforo na Catedral, Sánchez Bugallo estimou probable que se limite. Nese sentido, indicou, traballarase co Cabildo para delimitar as medidas de seguridade tanto no interior como no perímetro da catedral e o control da entrada no recinto. En particular, referiuse ao modo de articular os grandes grupos que chegarán durante o Ano Santo e á necesidade de, por exemplo, facilitarlles misas conxuntas en espazos abertos.

Comisión de seguimento
Pola súa parte, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, destacou que o Plan Director de Seguridade do Xacobeo 2010 dispón a creación dunha comisión de seguimento, na que estarán representadas todas as administracións e organismos implicados na seguridade cidadá.

Esta comisión está integrada á súa vez por tres órganos que serán os encargados de supervisar o volume de efectivos dispoñibles de conformidade coas necesidades derivadas de cada una das fases e de implementar os operativos necesarios: un órgano de coordinación superior, un órgano de mando de coordinación e un órgano de coordinación operativa.

Louro indicou que os 8.111 efectivos de base con los que contan a Garda Civil e a Policía Nacional en Galicia supoñen un 18,5% más que os que existían no anterior Ano Santo de 2004. Con todo, irán aumentando os efectivos a medida que avance o año de forma que dean resposta ás demandas que se deriven de cada época do ano. O período de maior actividade será o dos meses de verán e Semana Santa, aínda que tamén serán obxecto de especial atención outros acontecementos específicos, como a apertura e peche da Porta Santa.

Garda Civil e Corpo Nacional de Policía
A Garda Civil porá en marcha a Oficina de Seguridade do Xacobeo, que recibirá e procesará toda la información relativa ao Ano Santo, con carácter permanente. Manteranse operativos as 24 horas do día os cuarteis e postos situados nas diferentes rutas do Camiño de Santiago e instalaranse postos provisionais de información e auxilio aos peregrinos. O instituto armado tamén despregará un dispositivo de vixilancia ecuestre que custodiará o Camiño Francés e as inmediacións a Compostela dende marzo a outubro.

No que respecta ao Corpo Nacional de Policía, a súa actividade fundamental centrarase na cidade de Santiago. Como novidade, fronte a dispositivos precedentes, existirá un dispositivo estatal con apoios e recursos extraordinarios que se destinarán a Galicia en determinados momentos.

A Policía Nacional reforzará e incrementará a prevención e resposta policial en xeral e, en particular, a presenza policial disuasoria en lugares e espazos de afluencia masiva de cidadáns. Neste punto destaca a presenza en Santiago da 8ª Unidade de Intervención Policial de Galicia e dun helicóptero do CNP.

En palabras de Louro, o obxectivo de todo este dispositivo é garantir "a liberdade e seguridade cidadá de todos os que teñan como destino Galicia no próximo Ano Santo Xacobeo 2010, así como manter a orde pública en todos os aspectos relacionados con este acontecemento". Tamén se contemplan outros aspectos como a protección dos servizos públicos esenciais, a seguridade do transporte e as comunicacións, ou a seguridade dos aloxamentos de peregrinos, de visitas e actos culturais e deportivos, entre outros.

Plans de atención autonómicos
Na rolda de prensa posterior á Xunta de Seguridade tamén participou o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, quen explicou o dispositivo a por en marcha pola Administración autonómica tanto na cidade como no Camiño. En particular, anunciou un plan de atención a levar a cabo pola Policía Autonómica e outro a cargo de Protección Civil.

Compartir: