DEPORTES

VIII Camiñada ao Monte Pedroso

29/09/2009 O domingo 4 de outubro celébrase a VIII Camiñada ao Monte Pedroso, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. A saída será as 10:00 horas dende a praza do Obradoiro, onde os participantes deberá está ás 9:30 horas para formalizar a inscrición.

O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, presentou esta VIII Camiñada ao Monte Pedroso, nunha rolda de prensa na que tamén participou o presidente do Club Deportivo Fontiñas, Mariano Val Rivera. Esta actividade é de balde e permitirá realizar un percorrido duns 12 quilómetros.

Os camiñantes pasarán por Galeras, marxes do río Sarela, Romaño, faldra do Pedroso, Pardaces de Abaixo, Campos, casa de Modesto Anido e cima do Monte Pedroso. Á chegada, cada participante recibirá unha camiseta como agasallo. Logo todos baixarán á Granxa do Xesto para rematar a ruta sobre as 13:30 horas.

Compartir: