EMPREGO
O programa conta cun orzamento de 168.235 euros, cofinanciados pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. Está previsto que remate en abril de 2010. As persoas que participan no Proxecto Crear reciben formación e asesoramento para acadar un emprego axeitado ás súas expectativas e capacidades a través da posta en marcha de Itinerarios Persoalizados de Inserción.
Despois dun primeiro contacto, os titores do programa realizan titorías personalizadas, onde as/os usuarias/os van perfilando o seu Plan Persoal de Inserción. Trátase dun itinerario adaptado ás súas expectativas, capacidades, potencialidades, aptitudes, experiencia, formación e preferencias. Durante o mes de xullo, realizáronse 117 titorías personalizadas.
Unha vez concretado este plan, no que se definen os perfís profesionais das/os participantes, nunha segunda etapa, desenvólvense obradoiros formativos á carta, orientados a mellorar as habilidades e posibilidades de inserción. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego impartirá en setembro e outubro dez cursos para dar resposta as demandas de capacitación e formación das persoas usuarias do programa. Estas dez accións formativas súmanse ás catro programadas no mes de agosto, que contan con 110 horas lectivas, e nas que participan 37 alumnos/as.
A terceira etapa é a de achegamento á empresa, con prácticas ocupacionais para as/os usuarias/os que carecen de experiencia, sensibilización do tecido empresarial e colaboración con axentes sociais. Tendo en conta os recursos destinados a emprego e a análise do mercado de traballo búscanse ofertas axeitadas aos perfís dos demandantes. A cuarta e última fase do Proxecto Crear é a de seguimento das persoas que non conseguiron inserirse laboralmente e das que están traballando pero buscan mellorar as súas expectativas de emprego.
A través do Proxecto Crear V, rematado en abril e desenvolvido tamén pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, accederon ao mercado laboral 49 dos/as 75 participantes, o que representa o 65,3% do total, case o dobre da cifra obxectivo fixada pola Xunta de Galicia para o programa, que é do 35%.
Vinte e catro persoas usuarias do Proxecto Crear VI accederon xa ao mercado laboral
31/08/2009 24 persoas (12 mulleres e 12 homes) das 100 que participan no Proxecto Crear VI, que desenvolve desde o 7 de xullo a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, accederon xa ao mercado laboral. Outras 13 persoas (cinco mulleres e oito homes) están realizando prácticas en cinco empresas.
Nesta edición o programa conta cun centenar de usuarios/as, 60 homes e 40 mulleres. Ao proceso de selección, realizado na primeira semana de xullo, presentáronse 410 persoas. O obxectivo do programa é que accedan ao mercado de traballo persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción.O programa conta cun orzamento de 168.235 euros, cofinanciados pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. Está previsto que remate en abril de 2010. As persoas que participan no Proxecto Crear reciben formación e asesoramento para acadar un emprego axeitado ás súas expectativas e capacidades a través da posta en marcha de Itinerarios Persoalizados de Inserción.