EMPREGO
O Plan de Formación 2009, conta con 26 accións formativas gratuítas, (13 por teleformación e 13 presenciais). Suman 929 horas lectivas, e ofertan un total de 425 prazas. Cun orzamento de 122.253 euros, a Concellaría deseñouno tendo en conta a difícil conxuntura económica actual, co obxectivo de que as persoas beneficiarias aumenten a súa capacitación profesional mediante a mellora das súas habilidades ou a adquisición de novos coñecementos que amplíen as súas expectativas de inserción laboral. Para os 13 cursos de teleformación presentáronse 637 solicitudes. Para dar resposta a esta demanda, incrementouse o número de prazas ofertadas nun principio, pasando de 195 a 200.
Á Plataforma de formación máiscompostela accédese dende a páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org. O seu obxectivo é dar resposta ás demandas formativas do mercado laboral e do tecido produtivo compostelá, a través dunha ferramenta de formación gratuíta, accesible, manexable, con titorías personalizadas, e á que o alumando pode acceder ás 24 horas do día.
Cento trinta e seis persoas reciben formación por internet a través da Plataforma Máis Compostela
28/08/2009 Un total de 136 persoas está recibindo formación por internet a través da Plataforma de formación maiscompostela, posta en marcha o 29 de xullo pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. En total estanse impartindo 13 cursos on-line, pertencentes ao Plan de Formación 2009, que contan con 200 prazas.
O número de persoas non coincide coas prazas, porque hai persoas que realizan máis dun curso á vez. As accións formativas que se están desenvolvendo son: Xestión Tributaria, Habilidades directivas, Loxística integral, E-marketing, Xestión Contable, Xestión Laboral, Calidade, Liderado e xestión de equipos, Presentacións eficaces, Axudas Públicas, Organización e comunicación, Atención á clientela e Márketing e PEMES. Estes cursos están ao sector industrial, ao empresariado (incluído comercio) e ás persoas emprendedoras.O Plan de Formación 2009, conta con 26 accións formativas gratuítas, (13 por teleformación e 13 presenciais). Suman 929 horas lectivas, e ofertan un total de 425 prazas. Cun orzamento de 122.253 euros, a Concellaría deseñouno tendo en conta a difícil conxuntura económica actual, co obxectivo de que as persoas beneficiarias aumenten a súa capacitación profesional mediante a mellora das súas habilidades ou a adquisición de novos coñecementos que amplíen as súas expectativas de inserción laboral. Para os 13 cursos de teleformación presentáronse 637 solicitudes. Para dar resposta a esta demanda, incrementouse o número de prazas ofertadas nun principio, pasando de 195 a 200.
Á Plataforma de formación máiscompostela accédese dende a páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org. O seu obxectivo é dar resposta ás demandas formativas do mercado laboral e do tecido produtivo compostelá, a través dunha ferramenta de formación gratuíta, accesible, manexable, con titorías personalizadas, e á que o alumando pode acceder ás 24 horas do día.