EDUCACIÓN
As visitas didácticas en torno á mostra dedicada ao gran creador Charles Chaplin estaban divididas en cinco temas: Chaplin vístese de Charlot, a evolución do personaxe, a evolución das súas películas, a linguaxe do corpo e linguaxe do silencio, Chaplin como fenómeno de masas que tamén atrae á vangarda e o tema denominado "Imaxinar o que o público espera e facer todo o contrario".
Última visita didáctica á exposición "Chaplin en imaxes"
28/08/2009 A exposición Chaplin en imaxes, situada na igrexa da Universidade dende o 16 de xullo, pecha as súas portas o domingo 30 de agosto. Un día antes, realizarase a última visita didáctica, na que participará un grupo de mozos e mozas do Concello de Bergondo.
A colaboración entre o concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Educación e Xuventude, a Fundación "la Caixa" e a Universidade de Santiago de Compostela, permitiu poñer á disposición das asociacións e colectivos interesados un programa de visitas didácticas á exposición Chaplin en imaxes, na Igrexa da Universidade.As visitas didácticas en torno á mostra dedicada ao gran creador Charles Chaplin estaban divididas en cinco temas: Chaplin vístese de Charlot, a evolución do personaxe, a evolución das súas películas, a linguaxe do corpo e linguaxe do silencio, Chaplin como fenómeno de masas que tamén atrae á vangarda e o tema denominado "Imaxinar o que o público espera e facer todo o contrario".