CULTURA
Despois da comida, arredor das 16:00 horas, Linho do Cuco animarán a festa coa súa revisión das charangas de principios do século XX. Seguiraos o gaiteiro asturiano Xuacu Amieva, que chega a Compostela despois de tres décadas de traxectoria musical, cunha banda de violín, guitarra, gaita e frauta. E pechará a sesión de música tradicional galega e asturiana a Banda das Crechas, cunha festa aberta á participación dos músicos profesionais ou amadores que estean na romaría, que saiban tocar ou cantar e que queiran unirse á banda.
Xa cara a noitiña será o momento de experimentar os novos vieiros da música electrónica co derradeiro Abrazo Off do Festival, o uso do parchís para interpretar música experimental en directo de Political Personal Disaster. Pechará a festa o DJ estremeño Guavajelly, world music a ritmo de funk, ska ou electrónica para animar o baile final da segunda edición do Festival dos Abrazos.
O Festival dos Abrazos despídese dos espazos singulares de Compostela cunha romaría urbana no parque de Vista Alegre
28/08/2009 O Festival dos Abrazos 2009, Crea(c)ción en Aberto, finaliza o sábado 29 en Compostela despois dun mes no que encheu de actividades culturais as rúas, as prazas e os parques da cidade. A mostra poralle punto e seguido á súa segunda edición a partir das doce da mañá, no parque de Vista Alegre, cunha romaría urbana e creativa. Nesta romaría, chamada Festa da Crea(c)ción, haberá teatro, música, comida, bebida e, sobre todo, a reivindicación unha vez máis dos lugares singulares de Compostela como espazos abertos á creación.
A organización formulou o programa festivo como un esqueleto ao que se lle poden ir sumando as iniciativas de todas aquelas persoas que queiran achegar a súa proposta creativa. Así, pouco antes das doce, un pasarrúas percorrerá Vista Alegre, Morón e Pelamios, avisando á veciñanza do comezo da festa. Despois, xa ao mediodía, as Pandereteiras de Laxoso ofrecerán unha mostra da tradición oral galega, á que seguirá Una hora en la cocina, a obra de teatro coa que a compañía asturiana Higiénico Papel retrata un concurso de cociña adubado con risas e disparates. Daquela será o momento do xantar popular. Haberá bar, empanadas, polbo... e todo un campeiro urbano no que sentarse a comer o que cada quen queira traer da súa casa.Despois da comida, arredor das 16:00 horas, Linho do Cuco animarán a festa coa súa revisión das charangas de principios do século XX. Seguiraos o gaiteiro asturiano Xuacu Amieva, que chega a Compostela despois de tres décadas de traxectoria musical, cunha banda de violín, guitarra, gaita e frauta. E pechará a sesión de música tradicional galega e asturiana a Banda das Crechas, cunha festa aberta á participación dos músicos profesionais ou amadores que estean na romaría, que saiban tocar ou cantar e que queiran unirse á banda.
Xa cara a noitiña será o momento de experimentar os novos vieiros da música electrónica co derradeiro Abrazo Off do Festival, o uso do parchís para interpretar música experimental en directo de Political Personal Disaster. Pechará a festa o DJ estremeño Guavajelly, world music a ritmo de funk, ska ou electrónica para animar o baile final da segunda edición do Festival dos Abrazos.