MOBILIDADE
Entre as súas características destaca, no que se refire a especificacións para o viaxeiro en cadeira de rodas, a rampla de acceso de dúas pezas para o acceso en cadeira, o repousacabezas para o viaxeiro e o sistema de anclaxe de catro puntos con cinto bandoleira para o ocupante.
Outras características a salientar son a segunda fila de asentos aliñada mantendo as guías orixinais, o escalón lateral retráctil para acceso a usuarios pola entrada lateral, as portas laterais corredeiras con sistema automático de apertura e peche ou a asistencia pneumática á suspensión para evitar oscilacións. Ademais, para a transformación traseira non foi necesario modificar o eixe traseiro, mantendo o orixinal da marca.
Os usuarios que queiran utilizar este servizo que teñen á súa disposición o teléfono de Radio Taxi 981 569 292 durante as 24 horas.
Cómpre lembrar que a incorporación destes tres taxis adaptados é posible en virtude da planificación aprobada na Xunta de Goberno Local de 11 de novembro de 2008, co que se daba cumprimento ao Real Decreto 1544/2007, de 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.
Así, o Concello debe promover polo menos cando menos un 5% das licenzas de taxi correspondan a vehículos adaptados en 2017. De tal xeito, acordouse a concesión destas tres licenzas para 2009 e a incorporación dun novo vehículo progresivamente en 2011, 2013 e 2015. En 2017 incorporaranse outros dous taxis adaptados, polo que nesa data Santiago contará con oito vehículos destas características.
Entre os requisitos que se lles esixe aos propietarios das novas licenzas está o de manter o taxi accesible por tempo indefinido. Deben atender de xeito preferente as chamadas das persoas afectadas na súa mobilidade e usuarias de cadeira de rodas, e os vehículos teñen que estar integrados na mesma emisora ou radioteléfono que os restantes taxis adaptados do termo municipal, co fin de facilitar a calidade do servizo. O Concello concede unha axuda de 6.000 euros por vehículo adaptado.
Entran en funcionamento os novos tres taxis adaptados, os primeiros dos oito previstos ata 2017
28/08/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou na praza do Obradoiro os tres primeiros taxis adaptados, a disposición xa dos usuarios. Son os previstos no calendario de incorporación deste tipo de vehículos ata 2017, ano no que Santiago contará con oito taxis accesibles.
Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, e o presidente da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), Anxo Queiruga, inspeccionou os tres taxis e explicou algunhas das súas características. Trátase de vehículos da marca Citröen 8 Premier, con 138 CV de potencia.Entre as súas características destaca, no que se refire a especificacións para o viaxeiro en cadeira de rodas, a rampla de acceso de dúas pezas para o acceso en cadeira, o repousacabezas para o viaxeiro e o sistema de anclaxe de catro puntos con cinto bandoleira para o ocupante.