ALCALDÍA
A isto hai que engadir 1.349 metros cadrados de banda de aparcamento con anchuras de 2,50 e 3 metros. Despois da área de estacionamento establecerase unha liña de arborado. A continuación desta situarase o carril bici –cunha anchura de 2 metros- e, separadas por sebes, as amplas beirarrúas, que ocuparán 5.340 metros cadrados e tamén terán nova iluminación e mobiliario.
Igualmente, aproveitarase para crear illas ecolóxicas soterradas de cinco contedores cada unha. En canto ao devandito arborado, serán fundamentalmente tileiros, "evitando os plataneiros, que haberá que ir cortando pouco a pouco, porque levantan o pavimento e alcanzan tanta envergadura que tapan os farois", indicou Sánchez Bugallo.
Tamén haberá unha área de axardinamento mediana de 1.919 metros cadrados. A reurbanización complétase coa instalación de 23 bancos e 23 papeleiras e co alumeado público, baseado en columnas de dúas luminarias e en balizas para o carril bici e os pasos peonís.
Substitución do monólito por unha fonte
Sobre un dos aspectos singulares da reforma, a retirada do monólito situado á altura da Escola Infantil, o alcalde apuntou que "se van recuperar as fontes que lle dan nome ao barrio das Fontiñas e por iso se vai substituír este monólito por unha fonte".
Sánchez Bugallo aproveitou a visita a Fontiñas para anunciar outras actuacións previstas no barrio. "Imos sacar un programa para arranxar os pavimentos que están en peores condicións e tamén aquelas beirarrúas afectadas precisamente polos plataneiros", afirmou, recordando, non obstante, que "este un barrio novo, que ten 15 anos e non presenta aínda grandes problemas".
As obras de reurbanización están a transformar a rúa Londres nun moderno bulevar urbano
27/08/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá as obras reurbanización da rúa Londres, en Fontiñas, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obra segue o modelo da xa reformada rúa Berlín, afecta a un tramo de 550 metros de lonxitude e supón un investimento de case 2,5 millóns de euros.
Estas obras están a permitir a transformación da rúa Londres nun bulevar urbano, afectando a unha superficie total de 15.314 metros cadrados. Estase a remodelar o firme de 5.220 metros de calzada, cunha anchura de 3,50 metros. Quedarán así dous carrís de circulación separados por unha illa central axardinada e iluminada.A isto hai que engadir 1.349 metros cadrados de banda de aparcamento con anchuras de 2,50 e 3 metros. Despois da área de estacionamento establecerase unha liña de arborado. A continuación desta situarase o carril bici –cunha anchura de 2 metros- e, separadas por sebes, as amplas beirarrúas, que ocuparán 5.340 metros cadrados e tamén terán nova iluminación e mobiliario.