TURISMO

O Consello Sectorial de Turismo propón que a marca Camiño de Santiago prime na promoción externa do 2010

31/07/2009 Na xuntanza que o Consello Sectorial de Turismo, presidido polo concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, mantivera o 26 de maio, constituíu unha Comisión sobre o Ano Santo 2010 co obxecto de que o sector aportase as súas reflexións e propostas respecto do evento dentro das competencias municipais. O Consello, no que están representados os axentes vinculados co sector turístico da cidade, volveu reunirse e nesta xuntanza presentáronse as propostas do tratado nas diferentes reunións de dita Comisión. Unha delas é a que a marca do Camiño de Santiago prime na promoción exterior do Xacobeo 2010.

Na xuntanza, as propostas foron esquematizadas en torno a oito grandes conceptos que a Comisión considerou os máis importantes: acollida e servizos de información turística, promoción do Ano Santo 2010, liña de eventos e produtos, posta en valor do Camiño de Santiago, diversificación espacial da oferta/xestión de fluxos, Cidade da Cultura, Plan Integral de Acción para o período 2009–2013 e a coordinación coa Comisión Mixta entre o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia para o Ano Santo.

Dentro do apartado de acollida e servizos de información turística, a Comisión propón, cara a que o grao de satisfacción dos visitantes sexa o maior posible, ampliar os horarios e temporadas das oficinas de información turística; ampliar o servizo de chaquetas vermellas, mellorar a sinalización a través dun convenio co Consorcio; impulsar novas publicacións de Incolsa e reeditar as existentes, así como realizar unha serie de accións de formación ao sector, crear unha nova páxina www.santiagoturismo.com, fomentar a calidade continuando co traballo co SICTED e solicitar á Garda Civil unha unidade de vixilancia a cabalo nos tramos do Camiño que pasan polo noso Concello.

No relativo á promoción do Ano Santo 2010, entenden dende a Comisión que a promoción debe focalizarse naqueles períodos con menos afluencia de visitantes. Así, a promoción levarase a cabo a través de presentacións en orixe (para o último trimestre plantexan presentacións en Roma e Lisboa); fam-trips; press-trips, potenciación da SCCB e da SCFC, así como asistencia a feiras. Neste ano á Abav de Brasil, á World Travel Market de Londres e a EITBM de Barcelona e xa no próximo ano irase especialmente ás que se celebran nos primeiros meses, como son as de Roma, Milán, Berlín ou a FITUR. Todo isto complementarase con presentacións e accións coas diferentes entidades e redes coas que participa Santiago: Turgalicia, Turespaña, Cidades Patrimonio da Humanidade, etc.

Potenciaranse, xa dentro da liña de eventos e produtos, os que xa temos en marcha como Santiago Repetirás, os Compostela Walking Tours, o Santiago(é)tapas ou o Forum Gastronómico, impulsando novas iniciativas como o Proxecto Domus Dei de mellora de información e accesibilidade do patrimonio relixioso; novos roteiros; Santiago Escapadas ou paquetes para diversificar a oferta a nivel de Galicia. Ademais, hai varias propostas para poñer en valor o Camiño de Santiago. Serían a construción dun albergue cabalar en colaboración co Xacobeo, sobre a base dunha proposta xa existente; crear a figura dos "Custodios do Camiños", manter en boas condicións os Camiños no termo municipal (hixiene, sanidade, seguridade...), así como crear, en colaboración coa Xunta, o Centro de Interpretacións dos Camiños de Santiago e a Casa de baños, recuperando a tradición do baño físico e espiritual en Lavacolla.

Diversificación, Cidade da Cultura e Plan Integral de Acción
En canto á diversificación espacial da oferta e a xestión de fluxos, proponse poñer en valor os diferentes recursos da cidade fóra do Casco Histórico cun dobre obxectivo: complementar a nosa oferta turística e evitar a "masificación" do Casco Histórico e máis especificamente da Catedral e as súas catro prazas. Por exemplo, poñendo en valor a zona do parque de Bonaval, os Campus Universitarios, os parques da cidade, etc. Neste sentido, moitas das propostas xa sinaladas nos puntos anteriores apuntan a esta diversificación espacial (por exemplo, novo roteiros, publicacións sobre aspectos menos coñecidos de Santiago que non se atopan na cidade histórica, produtos que inclúen saídas fóra de Santiago, etc).

Nas propostas, a Comisión indica que o Ano Santo 2010 pode ser unha grande oportunidade para proxectar a Cidade da Cultura, que nos vindeiros anos ten que ser unha referencia e un atrativo de Santiago e Galicia. Neste sentido, indican que a colaboración coa Xunta de Galicia na internacionalización da Cidade da Cultura ten que ser fluída, tanto na organización de posibles eventos, como na difusión do material informativo feito ao efecto ou na organización de visitas guiadas á obra, tanto para o público xenérico como para prescitores.

O último gran bloque no que a Comisión centrou as súas propostas foi o Plan Integral de Acción para o periodo 2009–2013. O reto é que a actividade turística non decaia nos anos posteriores ao Ano Santo 2010 e facer do 2013, ano no que se cumpren 1.200 anos do descubrimento dos restos do Apóstolo, unha nova oportunidade para Santiago e Galicia. O Plan, que terá como guías as conclusións do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2009-2015, xirará en torno a cinco grandes ámbitos de acción: Produto, Comunicación, Promoción, Comercialización e Competitividade. Por útlimo tamén se propuxo coordinar as propostas da Comisión do Ano Santo do Consello Sectorial coas medidas que adopte a Comisión Mixta entre o Concello e a Xunta de Galicia para o Ano Santo. Por iso trasladaranse estas propostas á Comisión Mixta para que as teñan en conta e non se produzan solapamentos.

Estudo de mobilidade e obras
Unha vez foron presentadas estas propostas dende a Comisión, o Consello Sectorial de Turismo engadiu algunha máis conformando así o documento definitivo a partires do cal se traballará nos vindeiros meses. Propúxose facer un estudo de mobilidade dos peregrinos na súa entrada á Cidade Histórica polo Camiño Francés, prestando especial atención ao tramo que vai dende Concheiros e o sentido de circulación das bicicletas na rúa de San Pedro.

Os membros do Consello tamén piden que non se desenvolvan obras que afecten aos Camiños de Santiago no termo municipal durante o Ano 2010 para evitar dificultades aos peregrinos. O Consello tamén propón que, alí onde sexa posible, se empregue o soterramento dos contedores de lixo ao longo dos Camiños no termo municipal e que se coide ao máximo a limpeza e hixiene no seu percorrido; así como que se coordinen os horarios de apertura e peche das oficinas de información turística municipais e da Xunta de Galicia. Por último, e tendo en conta que o fenómeno máis coñecido internacionalmente é o "Camiño de Santiago", o Consello propón que esta "marca" prime na promoción externa sobre outros conceptos menos coñecidos e

Compartir: