ALCALDÍA
O Concello estrea sala de prensa
31/07/2009 A rolda de prensa habitual dos venres do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, cambiou esta vez de escenario, porque o Concello estreou a súa nova sala de prensa, a carón do Departamento de Comunicación.
Dende agora, as roldas de prensa celebraranse nesta nova sala, "unha vella aspiración" do anterior responsable de comunicación do Concello, Felipe Molinero, recentemente falecido. A sala incorpora a dotación técnica para facer máis cómodo os traballos dos xornalistas e facilitar todo tipo de presentacións multimedia. A previsión é incorporar máis novidades técnicas nos vindeiros meses.