ALCALDÍA
Será o Concello o que se encargue das expropiacións e o CSIC quen financiará o levantamento do edificio. Para a redacción do proxecto, esta axencia estatal convocará un concurso de ideas. O Consorcio asumirá os premios para os gañadores do concurso, que ascenderán a 90.000 euros.
Este será o segundo dos centros de referencia nacional a nivel investigador que acollerá a cidade. O outro será o Centro Nacional de Biomedicina. Sánchez Bugallo indicou que se está instando á Xunta e á Universidade de Santiago a "desbloquear" este proxecto, para o cal o Concello cedeu 11.000 metros cadrados á USC nun solo na zona do río Sarela.
Visto bo medioambiental á nova estación depuradora
Por outra parte, o alcalde anunciou tamén que recibiu a autorización medioambiental a construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Finalmente, a instalación, cuxa tecnoloxía será de membranas, ocupará unha superficie dunhas cinco hectáreas. Segundo Sánchez Bugallo, esta autorización é "un paso fundamental e decisivo para sacala a licitación". Neste sentido, falou coa ministra de Medio Ambiente e co presidente da Confederación Hidrográfica de Galicia co obxectivo de o proxecto e as obras saian a concurso á volta do verán.
Sobre as molestias que a nova depuradora poida causar aos veciños, o alcalde afirmou que "salvo en dous casos, o resto quedarán máis lonxe da nova depuradora do que o están da actual; e ademais reduciranse as molestias, porque ao ser un recinto pechado non haberá nin problemas de ruídos nin de olores".
AVE
Na súa rolda de prensa habitual dos venres, Sánchez Bugallo tamén se referiu ao remate da exposición pública no proceso de expropiacións para a entrada do AVE en Santiago. Apuntou que ao final unicamente son 22 as vivendas afectadas, das que catro o son a petición dos propios afectados, a expensas da aceptación definitiva de ADIF.
O alcalde dixo confiar nunha "solución razoable" para este proceso de expropiacións, e resaltou o "grande esforzo" realizado por ADIF e o Ministerio de Fomento. A intención dos mesmos é comezar as obras á volta do verán, engadiu.
Voos de baixo custo
A propósito da intención da Xunta de reducir a achega á cidade para a promoción dos voos de baixo custo, Sánchez Bugallo reiterou a necesidade de "manter o que xa está funcionando e ben". Neste sentido recordou datos como os do primeiro semestre deste ano, no que o aeroporto de Santiago foi, tras o de Reos, o que mellor comportamento tivo malia o contexto de crise económica. "Isto ten que ver co esforzo do Concello e de INCOLSA nas liñas de baixo custo", explicou.
Por isto, volveu a reclamar unha contribución cando menos igual á do período 2005-2008. E advertiu: "Se Ryanair marcha de Santiago será para irse a Porto, e se iso sucede perde Galicia e sobre todo outras cidades como A Coruña ou Lugo".
Santiago albergará o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural
31/07/2009 O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá en Santiago o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultura, que será o centro nacional investigador de referencia neste ámbito. O centro situarase en Brañas do Sar e nel traballarán uns 100 investigadores.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo público o convenio entre o CSIC (ente adscrito ao Ministerio de Ciencia e Innovación), o Concello e o Consorcio para a construción deste Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural. Para o mesmo habilitarase unha parcela de 5.250 metros cadrados.Será o Concello o que se encargue das expropiacións e o CSIC quen financiará o levantamento do edificio. Para a redacción do proxecto, esta axencia estatal convocará un concurso de ideas. O Consorcio asumirá os premios para os gañadores do concurso, que ascenderán a 90.000 euros.