ALCALDÍA

Concentración silenciosa no Obradoiro en repulsa ao terrorismo

31/07/2009 O Concello de Santiago expresou a súa firme condena ao atentado terrorista que lle custou a vida a dous gardas civís en Calviá (Mallorca). Así, a Corporación municipal sumouse á concentración silenciosa de repulsa que se celebrou na praza do Obradoiro, convocada pola FEGAMP.

Os que se xuntaron na praza do Obradoiro gardaron cinco respectuosos minutos de silencio, en solidariedade cos familiares e amigos da vítimas e cos afectados tanto polo atentado de Mallorca como polo acontecido o día anterior na casa cuartel de Burgos.

Á concentración asistiron, entre outros, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo; a Corporación municipal; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; e algúns conselleiros do Goberno autonómico, entre outras autoridades.

Compartir: