CIRCULACIÓN VIARIA
Só o pintado das áreas de aparcamento e a retirada de plataformas vai supor un incremento de 200 prazas, indicou Jesús Chenel. A estas prazas hai que engadir as que se crearán coa habilitación como estacionamento para vehículos e camións dunha parcela de 9.000 metros na propia entrada do Polígono, a carón do centro empresarial. Así, as novas prazas de aparcamento estarían en torno ás 600.
O presidente dos empresarios do Tambre destacou o traballo que vén realizando o Concello nesta área "en tempo récord". Así, referiuse á retirada de camións e plataformas estacionadas en áreas prohibidas e de vehículos estacionados nas beirarrúas –traballo que a concelleira agradeceu á Policía Local- , e ao bo estado das beirarrúas e zonas axardinadas.
A optimización das áreas de aparcamento no polígono do Tambre permitirá gañar novas prazas
30/07/2009 O Concello vai a levar a cabo un proxecto de optimización da circulación viaria, aparcadoiros e sinalización do Polígono Industrial do Tambre. Esta actuación, que incluirá o pintado das zonas de aparcamento e a retirada de plataformas e vehículos pesados que ocupan zonas non destinadas a eles, suporá que se podan gañar unhas 200 prazas de aparcamento. O investimento neste proxecto alcanza os 120.000 euros.
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano presentou as principais características desta actuación, acompañado do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel. Explicou que o pintado, a sinalización vertical e retirada das plataformas garantirá "un uso eficaz e máis prazas de aparcamento". Neste sentido, recalcou que "non se permitirá que o espazo público se converta en espazo privado".Só o pintado das áreas de aparcamento e a retirada de plataformas vai supor un incremento de 200 prazas, indicou Jesús Chenel. A estas prazas hai que engadir as que se crearán coa habilitación como estacionamento para vehículos e camións dunha parcela de 9.000 metros na propia entrada do Polígono, a carón do centro empresarial. Así, as novas prazas de aparcamento estarían en torno ás 600.
O presidente dos empresarios do Tambre destacou o traballo que vén realizando o Concello nesta área "en tempo récord". Así, referiuse á retirada de camións e plataformas estacionadas en áreas prohibidas e de vehículos estacionados nas beirarrúas –traballo que a concelleira agradeceu á Policía Local- , e ao bo estado das beirarrúas e zonas axardinadas.