MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
O Concurso quere chamar a atención sobre a importancia de recuperar os balcóns como elementos vivos da Cidade Vella. Por iso, premiará a orixinalidade, conservación, harmonía e combinación de cores destes balcóns. Para facilitar a ornamentación dos balcóns, a organización distribuíu de balde diferentes tipos de plantas.
Os participantes puideron remitir as fotografías dos seus balcóns á organización, ou solicitar da mesma que se encargara da súa realización. As fotografías están xa expostas nesta web municipal, nunha microweb específica do Concurso, na mesma onde se poderá votar ao balcón máis fermoso. O xurado realizará a avaliación dos balcóns ata o 7 de xullo, dando a coñecer o seu fallo o 8 de xullo. Valoraranse cuestións como a o estado de conservación do balcón, a orixinalidade na ornamentación, a harmonía no crecemento das plantas, a combinación de cores, a variedade e calidade dos elementos vexetais ou a innovación de especies e elementos accesorios.
Tempo para elixir o mellor dos máis de 50 balcóns que participan no I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica
30/06/2009 A partires do mércores 1 de xullo pódese votar o mellor balcón do I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago que organizan as concellerías de Medio Ambiente e de Cidade Histórica. Todos aqueles que así o desexen terán dende as 11.00 horas do mércores ata o 7 de xullo un espazo na microweb do Concurso dentro desta páxina web para elixir cal é o seu balcón favorito.
Ademais do premio cidadá, o xurado do Concurso elixirá outros tres balcóns, para os que haberá tres premios de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, en plantas e materiais de xardinería, ademais do correspondente diploma. O premio do público, cos votos que se poderán deixar na web municipal, será de 75 euros.O Concurso quere chamar a atención sobre a importancia de recuperar os balcóns como elementos vivos da Cidade Vella. Por iso, premiará a orixinalidade, conservación, harmonía e combinación de cores destes balcóns. Para facilitar a ornamentación dos balcóns, a organización distribuíu de balde diferentes tipos de plantas.