TRANSPORTES

Entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano de Santiago

30/06/2009 O mércores 1 de xullo comeza a funcionar o horario de verán nos autobuses urbanos da cidade. É de destacar nestes horarios o mantemento da mesma liña de reducións que en anos anteriores, con mínimas reestruturacións nas liñas urbano-periféricas.

Para coñecer toda a información pódese consultar a páxina web de TUSSA. Ademais, editaranse 10.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na Casa das Asociacións. Así mesmo, lembramos que a empresa operadora Tralusa ten a disposición o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que se informa de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

Compartir: