BENESTAR SOCIAL
As Olimpiadas na rúa é unha das actividades inscritas no nivel de intervención grupal deste Programa, propiciando formas de aproveitar o tempo de lecer como recurso educativo. Os outros niveis de intervención son o individual, localizando os rapaces e creando un vínculo de confianza para poder realizar un seguimento personalizado, e o comunitario, xestionando as relacións co entorno próximo e colaborando na resolución de problemas.
Na actualidade, uns 150 rapaces participan nas actividades do Programa de Educación de Rúa. Lévase a cabo nos barrios de Fontiñas, Sar, Amio, San Lázaro, Conxo, Santa Marta, Choupana, A Rocha e Volta do Castro.
Clausúranse as "Olimpiadas na rúa" no CSC das Fontiñas
30/06/2009 O Centro Sociocultural de Fontiñas acolle o martes 30, ás 16:00, o acto de clausura das Olimpiadas na rúa, unha actividade que se veu desenvolvendo nos meses de maio e xuño no marco do Programa de Educación de Rúa, promovido pola Concellería de Benestar Social. Máis de 70 rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos participaron nestes particulares xogos.
Estas Olimpiadas na rúa tiñan como obxectivo fundamental promover a participación comunitaria dos máis novos no seu tempo lecer. Forman parte do Programa de educación de Rúa, que tamén ten entre as súas funcións detectar e intervir en posibles casos de risco ou inadaptación social.As Olimpiadas na rúa é unha das actividades inscritas no nivel de intervención grupal deste Programa, propiciando formas de aproveitar o tempo de lecer como recurso educativo. Os outros niveis de intervención son o individual, localizando os rapaces e creando un vínculo de confianza para poder realizar un seguimento personalizado, e o comunitario, xestionando as relacións co entorno próximo e colaborando na resolución de problemas.
Na actualidade, uns 150 rapaces participan nas actividades do Programa de Educación de Rúa. Lévase a cabo nos barrios de Fontiñas, Sar, Amio, San Lázaro, Conxo, Santa Marta, Choupana, A Rocha e Volta do Castro.