ALCALDÍA
O alcalde expresou a súa comprensión aos veciños afectados, pero valorou "a actitude de ADIF de dar unha solución razoable e positiva". A obra para a construción da entrada do AVE na cidade está na actualidade xa licitada, coa previsión de que sexa adxudicada a finais de xuño ou principios de xullo.
Tamén respecto ao AVE e á espera de que o Ministerio de Fomento anuncie unha datas para finalización da liña entre Galicia e Madrid, Sánchez Bugallo expresou a súa confianza en que a rede interior, entre Coruña e Vigo e entre Santiago e Ourense, estea operativa en 2012.
O rexedor municipal aprecia igualmente o impulso do Ministerio de Fomento á autovía entre Santiago e Lugo, coa adxudicación do tramo Lavacolla-Arzúa e coa exposición pública do proxecto do tramo Arzúa-Palas de Rei.
Ademais, referiuse ao desbloqueo da obra da terminal de Lavacolla e expresou a súa confianza en que "antes do verán se poña a primeira pedra". Recordou tamén a próxima licitación da ampliación da pista e a exposición pública do novo Plan Director, que asegura "un gran aeroporto para Santiago".
As entrada do AVE na cidade afectará en distinto grao a unhas 70 edificacións
29/05/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa comprensión aos veciños afectados polas expropiacións necesarias para a entrada do AVE na cidade. Por ese motivo, e a iniciativa do Concello, o luns 25, estes veciños foron informados directamente por ADIF deste proceso.
Sánchez Bugallo aclarou que esta infraestrutura ferroviaria, duns tres quilómetros de lonxitude, afectará a unhas 70 edificacións en distinto grao. Un grupo de vivendas na vertical da vía terán que ser derrubadas. Outro grupo de edificios con afección directa foron incluídos no proxecto de expropiación, pero poden pedir a súa exclusión. Finalmente, hai outro grupo de propietarios que non entran na zona directa de afección, pero que poden solicitar eles a súa inclusión nas expropiacións.O alcalde expresou a súa comprensión aos veciños afectados, pero valorou "a actitude de ADIF de dar unha solución razoable e positiva". A obra para a construción da entrada do AVE na cidade está na actualidade xa licitada, coa previsión de que sexa adxudicada a finais de xuño ou principios de xullo.