ALCALDÍA
Respecto aos temas tratados na reunión, destacou o alcalde o compromiso do presidente da Xunta co éxito do Xacobeo 2010. Sobre esta cuestión e tras insistir na "lealdade" e "traballo coordinado" do seu Goberno co Concello, Núñez Feijoo expresou o seu desexo de "facer desta oportunidade histórica un éxito histórico".
O presidente autonómico destacou o apoio do Rei a esta cita e a vontade da Xunta de atraer á Casa Real cara a participar en diversos actos da axenda do Ano Santo. No eido económico, anunciou que a partires de xa poden solicitar as exencións fiscais as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo. Indicou que mesmo despois do 2010, estas empresas poderán obter os beneficios fiscais durante un prazo de dez anos se en calquera ano dese período obtivesen ganancias. Finalmente, indicou que en outono será presentado o programa completo do Xacobeo, tras comunicarllo ao Concello e á Igrexa.
Apertura progresiva da Cidade da Cultura
En canto á Cidade da Cultura, Núñez Feijoo dixo ter coincidido con Sánchez Bugallo na necesidade da "internacionalización e apertura" do complexo. Por iso, a intención do Goberno autonómico é a "abrir progresivamente" a Cidade da Cultura para dala a coñecer. Indicou que a prioridade será rematar os edificios que xa están avanzados, así como as urbanizacións necesarias.
Posteriormente, en rolda de prensa, o alcalde compostelán valorou os pasos dados en relación a este tema, como a unificación das dúas fundacións ou a apostar por converter a Cidade da Cultura nunha "referencia universal". Non obstante, demandou "un calendario razoable e realista" para o remate das obras. Tamén subliñou que "hai que darlle unha solución rápida ás conexións".
Solo industrial
Outro asunto tratado na xuntanza foi o do solo industrial da Sionlla. Núñez Feijoo comprometeuse a manter os 25 millóns de euros previstos para este polígono. Considerou este asunto como "prioritario". Finalmente, e sobre a cita da Expo Universal de Xangai 2010, afirmou que o Goberno autonómico "valorará se é prioritario" e comunicará ao Concello a decisión na primeira quincena de xuño.
Núñez Feijoo considerouse "un veciño máis de Santiago" e afirmou o seu compromiso "como presidente e como veciño". Neste sentido, amosou o seu desexo de que Santiago de Compostela se siga a consolidar como "cidade aberta ao mundo".
O presidente da Xunta chegou á praza do Obradoiro en torno ás 10:00 horas e alí foi recibido polo alcalde compostelán. Posteriormente, e tras saudar aos membros da Corporación, o presidente e o alcalde mantiveron unha reunión de traballo cos portavoces municipais. Sánchez Bugallo e Núñez Feijoo mantiveron o seu encontro cos medios de comunicación despois da reunión privada entre ambos e da sinatura do presidente autonómico no Libro de Honra da cidade.
O alcalde e o presidente da Xunta comprometen lealdade e colaboración en prol do éxito do Xacobeo
29/05/2009 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, realizou unha visita institucional ao Concello, onde mantivo unha reunión co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Da mesma saíu un compromiso de máxima colaboración para asuntos como o Xacobeo 2010 ou a posta en marcha progresiva da Cidade da Cultura.
Como xa tiña manifestado tras a toma de posesión de Núñez Feijoo, o alcalde reiteroulle que o Concello manterá coa Xunta "unha absoluta lealdade institucional e colaboración". "Traballaremos polo interese xeral de Santiago e Galicia, porque o que é bo para Galicia é bo para Santiago e viceversa", afirmou Sánchez Bugallo. Por iso, reiterou, "esta visita é un paso nun longo camiño de colaboración e traballo conxunto".Respecto aos temas tratados na reunión, destacou o alcalde o compromiso do presidente da Xunta co éxito do Xacobeo 2010. Sobre esta cuestión e tras insistir na "lealdade" e "traballo coordinado" do seu Goberno co Concello, Núñez Feijoo expresou o seu desexo de "facer desta oportunidade histórica un éxito histórico".