ALCALDÍA
Para o tráfico rodado quedarán dous carrís de circulación de 3,5 metros de ancho, separados por unha illa central axardinada e iluminada. Despois da área de estacionamento establecerase unha liña de arborado cuns 100 exemplares. En troques dos plataneiros, demasiado invasivos, apostarase polos pradairos. Destacou o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, que, como novidade, optarase por unha composición dun material permeable coma o caucho arredor das árbores, o que permitirá integralos máis harmonicamente na rúa e pisar ao seu carón.
Logo da liña de árbores situarase o carril bici, e separadas por sebes, as beirarrúas, tamén con nova iluminación e mobiliario. Igualmente, aproveitarase para crear illas ecolóxicas soterradas.
A propósito dos carrís bici, o alcalde apuntou que este tipo de carrís se realizarán en rúas como esta nas que a anchura é suficiente, pero que a liña xeral será a de que "as bicicletas circulen polos mesmos carrís que os automóbiles e baixar os límites de velocidade para estes".
Tamén en relación a Fontiñas, o alcalde anunciou que se lle comunicou aos veciños que, con cargo aos orzamentos municipais, se vai acometer unha mellora xeral dos firmes das calzadas e das beirarrúas nas zonas onde están deterioradas polos plataneiros. Igualmente, solucionaranse os problemas de iluminación onde existan. Investirase nestas actuacións unha cantidade próxima ao millón de euros.
Licenza de obra para o auditorio Caixanova
O alcalde compostelán aproveitou a rolda de prensa de presentación destas obras para anunciar que na Xunta de Goberno do martes 2 de xuño está previsto conceder a licenza a Caixanova para a construción do seu auditorio no antigo edificio do Pilar. Indicou que a entidade bancaria xa ten adxudicada a obra, cunha duración prevista de 13 meses, polo que a intención é a de que o auditorio estea listo para o 25 de xullo de 2010.
Compatibilidade de usos da Quintana
Preguntado polos xornalistas, Sánchez Bugallo pronunciouse tamén sobre os desexos da Igrexa respecto da utilización da praza da Quintana. Recordou que este lugar é "unha praza pública" e manifestou o desexo de "proporcionar o máximo amparo e colaboración á Catedral, sumando esforzos". Como exemplo desta colaboración, citou a intención do Concello de organizar dun xeito diferente as colas que se forman para acceder á Porta Santa.
"Procuraremos restrinxir as actividades que creen dificultades co acceso á Porta Santa", apuntou, pero incidiu en que "a Porta Santa ten un horario determinado". Neste sentido, referiuse a que os concertos se celebran nun horario distinto. Non obstante, afirmou que se "fará un esforzo" por levar determinados espectáculos a outras zonas como o Campus Sur, aínda que algún si se celebrará na Quintana. Por iso, demandou de todos "un pouco de comprensión e man esquerda".
A rúa Londres converterase nun bulevar urbano con nova iluminación, cen árbores e carril bici
27/05/2009 Seguindo o modelo da xa reformada rúa Berlín, o barrio de Fontiñas afrontará a partir do luns 1 de xuño a reurbanización da rúa Londres. Esta actuación, que afectará a un tramo de 550 metros de lonxitude, suporá un investimento de 2,5 millóns de euros con cargo ao Fondo de Investimento Local (FIL). O obxectivo municipal é que as obras estean listas o 24 de decembro.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que estas obras van supoñer "a transformación dunha rúa que xa é moi boa nun bulevar urbano". Así, vaise remodelar o firme e as beirarrúas e incorporarase novo mobiliario urbano, zonas axardinadas e novos servizos. Tamén como se fixera na rúa Berlín, incorporarase un carril bici tanto de subida como de baixada, segundo explicou o arquitecto responsable do proxecto, Alfredo Varela.Para o tráfico rodado quedarán dous carrís de circulación de 3,5 metros de ancho, separados por unha illa central axardinada e iluminada. Despois da área de estacionamento establecerase unha liña de arborado cuns 100 exemplares. En troques dos plataneiros, demasiado invasivos, apostarase polos pradairos. Destacou o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, que, como novidade, optarase por unha composición dun material permeable coma o caucho arredor das árbores, o que permitirá integralos máis harmonicamente na rúa e pisar ao seu carón.