XUVENTUDE
A pesar de que todos os participantes conseguen premios en metálico, só o gañador de cada categoría terá o privilexio de gravar un CD, como recopilatorio dos vencedores do MúsicaXove´09.
As portas abriranse media hora antes, ás 21:30 horas. A asistencia é de carácter gratuíto ata o esgotamento das localidades.
Finais de folk e pop-rock en "MúsicaXove’09"
30/04/2009 A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, celebra o xoves 30, ás 22:00 horas, na Sala Capitol, a súas últimas finais por categorías. Será unha dobre sesión de boa música con grupos de autor-folk (Perpetradores de Actor, Liridade Noctámbula e Roberto Sobrado) e de pop-rock (Frab Fly, Agoraphobia e Dirty Socks).
Os tres grupos de folk participantes interpretarán os dous temas obrigatorios e, a maiores, dous temas libres. Despois da súa actuación tocarán as bandas de pop-rock. O xurado dará a coñecer o nome do gañador da noite en cada modalidade musical, que recibirá 2.000 euros de premio; así como o segundo e terceiro clasificados, que recibirán 1.000 e 500 euros, respectivamente.A pesar de que todos os participantes conseguen premios en metálico, só o gañador de cada categoría terá o privilexio de gravar un CD, como recopilatorio dos vencedores do MúsicaXove´09.
As portas abriranse media hora antes, ás 21:30 horas. A asistencia é de carácter gratuíto ata o esgotamento das localidades.