PLENO
O Regulamento determinará as pautas de funcionamento desta comisión interna que ten por obxectivo investigar e esclarecer, para a súa resolución, as denuncias en materia de acoso laboral, coas necesarias garantías de confidencialidade e obxectividade. Tanto o protocolo de prevención e actuación en materia de acoso no traballo co que conta o Concello, e mailo presente Regulamento, contaron co consenso dos representantes do persoal municipal no Comité de Seguridade e Saúde, o que pón de manifesto a intención desta Administración de integrar a prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral na estructura organizativa municipal.
Esta Comisión forma parte do compromiso do Concello de Santiago de Compostela de pór en marcha medidas de prevención e protección, para detectar e previr os riscos psicosociais do persoal municipal. En particular, conta xa cun protocolo de prevención do acoso, aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de 5 de decembro de 2008, e co procedemento eficaz de actuación, nos casos en que existan queixas ou denuncias por acoso ou persecución laboral.
A Lei de Prevención de Riscos Laborais establece que tódalas organizacións laborais, incluídas as Administración Públicas, deben garantir a seguridade e saúde dos empregados fronte os riscos derivados do traballo, velando non só pola prevención e protección fronte ao risco de dano físico, senón tamén fronte a aqueles que poidan causar un dano psicolóxico. O Estatuto Básico do Empregado Público establece o dereito dos empregados públicos á non discriminación, ao respecto da súa intimidade, imaxe e dignidade no traballo, especialmente fronte ao acoso moral e laboral, e tamén o dereito de recibir unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral.
Aprobado inicialmente o regulamento para os casos de acoso psicolóxico no Concello
30/04/2009 A responsable de Réxime Interior, Rosa Fernández Somoza, levou ao Pleno a aprobación inicial do Regulamento de Organización e Funcionamento da Comisión de Investigación e Resolución de casos de Acoso Psicolóxico no Traballo.
A concelleira manifestou que "as condutas de acoso laboral son inaceptables nesta Institución, polo que poremos os medios necesarios para garantir que os traballadores municipais conten cun contorno de traballo saudable, no que se respete a dignidade e a integridade física e moral, adoptando cando ocorran tales supostos de acoso laboral, as medidas correctoras necesarias, incluídas as medidas sancionadoras e disciplinarias, e medidas de protección eficaz ás vítimas".O Regulamento determinará as pautas de funcionamento desta comisión interna que ten por obxectivo investigar e esclarecer, para a súa resolución, as denuncias en materia de acoso laboral, coas necesarias garantías de confidencialidade e obxectividade. Tanto o protocolo de prevención e actuación en materia de acoso no traballo co que conta o Concello, e mailo presente Regulamento, contaron co consenso dos representantes do persoal municipal no Comité de Seguridade e Saúde, o que pón de manifesto a intención desta Administración de integrar a prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral na estructura organizativa municipal.