EDUCACIÓN
Inícianse no Raíña Fabiola as medicións do índice de masa corporal no marco do programa Thao Saúde
29/04/2009 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, acompañada polo catedrático e xefe da Unidade de Pediatría do CHUS, Rafael Tojo, e da profesora e doutora Rosaura Leis, visitaron o colexio Raíña Fabiola, onde estiveron tamén co seu director.
Dentro dos programas de promoción dunha alimentación saudable promovidos polo Concello de Santiago, no marco da iniciativa Thao Saúde, inícianse en 2009, de forma experimental, as medicións do IMC (índice de masa corporal). Os primeiros en medirse serán 200 nenos e nenas deste colexio, co obxectivo de poder seguir a evolución nun período estimado de catro anos. Este programa de medicións porase en marcha nos demais colexios de Santiago co inicio do curso escolar 2009-2010.