ALCALDÍA
O CEESG quere establecer canles de colaboración co Concello en materia socioeducativa
29/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa presidenta e a tesoureira do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), María José Fernández Barreiro e María Jesús Gutiérrez, respectivamente.
As representantes do Colexio expuxéronlle ao alcalde as liñas de traballo da súa institución e amosaron o seu interese por establecer canles de colaboración co Concello no ámbito socioeducativo. A CEESG ubicarase proximamente na rúa de Lisboa, nas Fontiñas.