INFRAESTRUTURAS
Este proxecto destacará tamén pola súa innovación e respecto medioambiental. Así, indicou Rama que se apostará por fórmulas de reciclaxe, como a recuperación da auga da chuvia para regar os parques ou o aproveitamento das follas caídas dos numerosos árbores do Campus.
O Concello achegará 600.000 euros para a realización desta primeira fase, se ben a USC quere achegar algunha cantidade a maiores a este orzamento. Hai dúas propostas para esta primeira intervención, se ben a máis probable é a da avenida de Antonio Raimundo Ibáñez, na zona do estanque. Novas pavimentacións e mobiliario conferirán a este espazo o aspecto dun parque-recinto.
Aparcadoiro soterrado
A renovación do Campus Sur inclúe tamén o previsto aparcadoiro soterrado, que outorgará as prazas de estacionamento que se eliminarán en superficie conforme vaia avanzando as urbanización nas súas distintas fases. Este aparcadoiro, que será de uso mixto entre a comunidade universitaria e os cidadáns en xeral, está actualmente en estudo.
O concelleiro de Infraestruturas anunciou que, dado o seu gran volume, esta infraestrutura podería realizarse en dúas fases. Na actualidade o Campus conta con 1.000 prazas de aparcadoiro, das que 600 son de zona hora e 400 reservadas á USC. En calquera caso, indicou que na primeira fase das obras serán moi poucas as prazas de estacionamento afectadas.
A reurbanización do Campus Sur apostará por máis espazos peonís e polo carril bici
29/04/2009 O Campus Sur vai a mudar de cara nos vindeiros anos, grazas a un amplo proxecto de reurbanización que dotará a esta área de amplos espazos peonís e dun carril bici ao longo da mesma. A primeira fase desta reforma comezará á volta do verán probablemente na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez, no contorno do estanque.
O concelleiros de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e o vicerreitor de Economía, Financiamento e Infraestruturas da Universidade de Santiago, Miguel A. Vázquez Taín, falaron sobre esta reforma, tras manter previamente unha xuntanza. Este último explicou que a reurbanización, que se realizará en varias fases, pretende "maximizar as zonas peonís" e dotar a todo o Campus Sur dun carril bici.Este proxecto destacará tamén pola súa innovación e respecto medioambiental. Así, indicou Rama que se apostará por fórmulas de reciclaxe, como a recuperación da auga da chuvia para regar os parques ou o aproveitamento das follas caídas dos numerosos árbores do Campus.