COMERCIO
No transcurso da gala tamén se entregou o premio anual de Escaparatismo 2008 ao estabelecemento Media Lúa, o premio ao Comercio máis participativo, dinámico e innovador, que na súa primeira edición recaeu en Xoiaría Xanana, e os premios aos comercios clasificados en primeiro e segundo lugar no Concurso Regalar custa pouco: Xocoátel e Noroeste, xoias de autor. Ademais, durante a gala, repartiuse a publicación Marzo, mes do comercio, con información sobre as actividades destinadas ao sector e organizadas pola Concellaría de Promoción Económica.
O alcalde compostelán presidiu esta Gala, á que tamén asistiu o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias e numerosos comerciantes.
O comercio compostelán celebrou a súa gala anual
31/03/2009 O Teatro Principal acolleu a IV Gala do Comercio, Compostela capital de compras. O evento recoñeceu unha edición máis a importancia deste sector para a cidade e foi unha oportunidade para fortalecer os lazos entre os comerciantes composteláns.
Na Gala, presentada pola xornalista Inés Dopazo e amenizada polo humor do monologuista Rober Bodegas, recoñeceuse a traxectoria comercial de cinco estabelecementos de Santiago. Os comercios homenaxeados foron Fotos Arturo, Fotos Novoa, Curtidos Compostela, Talleres Arco máquinas e Magar, géneros de punto.No transcurso da gala tamén se entregou o premio anual de Escaparatismo 2008 ao estabelecemento Media Lúa, o premio ao Comercio máis participativo, dinámico e innovador, que na súa primeira edición recaeu en Xoiaría Xanana, e os premios aos comercios clasificados en primeiro e segundo lugar no Concurso Regalar custa pouco: Xocoátel e Noroeste, xoias de autor. Ademais, durante a gala, repartiuse a publicación Marzo, mes do comercio, con información sobre as actividades destinadas ao sector e organizadas pola Concellaría de Promoción Económica.
O alcalde compostelán presidiu esta Gala, á que tamén asistiu o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias e numerosos comerciantes.