TRANSPORTES

TUSSA formula as contas do exercicio 2008, saldadas con resultado positivo

31/03/2009 O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais do exercicio 2008 e a proposta de distribución do resultado.

Das contas extráense os seguintes resultados: un volume de ingresos de 1.330.437,22 €, un volume de gastos de 1.206.252,33 € e un resultado despois de impostos de 110.249,66 €

Este resultado positivo, ademais de dar á Sociedade unha importante garantía de solvencia, deben servir para financiar as actuacións previstas.

Cabe destacar a importante contención dos gastos xerais con respecto a 2007 (un 30%) e o aumento dos gastos relacionados co transporte, coa celebración das III Xornadas de Transporte e a reparación e limpeza das marquesiñas do rural, entre outros, co conseguinte beneficio para os usuarios.

En canto ás instalacións, todas tiveron resultados positivos, destacando por volume o aparcadoiro de Xoán XXIII.

En canto ao balance, en termos globais de activo e pasivo, obtívose unha cifra de 840.084,39 €.

Compartir: