XUNTA DE GOBERNO
Este centro pretende ser un espazo de atención integral comunitaria e integradora, ao que poidan asistir persoas que teñan esclerose múltiple para ser atendidos nas súas necesidades físicas, psíquicas, sociais ou familiares. No complexo prestarase atención fisioterapéutica, psicolóxica, ocupacional, logopédica e social. Albergará talleres ocupacionais e actividades de lecer, e terá tamén unha unidade de estancia temporal, dirixido a fomentar a independencia funcional do afectado e proporcionar un respiro familiar.
Premio Xohana Torres
En Benestar Social, o Goberno local aprobou o convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago para a tramitación e concesión do Premio de Ensaio Xohana Torres. Cómpre recordar que este premio, ata agora de investigación, pasa agora a premiar ensaios.
En virtude deste convenio a USC comprométese a publicar a obra premiada, cun mínimo de 300 exemplares, e a difundir tanto a convocatoria do premio como a publicación. O Concello faise cargo da convocatoria do Premio e a organizar e sufragar os gastos do acto de entrega de premios.
Despois da experiencia dos últimos anos, o premio ábrese ao ensaio tanto literario cono científico, para abarcar diversas disciplinas como a ciencia, a filosofía, a historia, a antropoloxía ou a literatura, tendo como obxectivos e protagonistas ás mulleres galegas. Mantense pois a esencia do Premio: explorar máis a fondo a realidade, achegarse ás experiencias das mulleres, coñecer a súa vida, a súa historia, a súa relación co medio... a través do razoamento científico e da imaxinación artística.
Tamén no ámbito da Concellería de Benestar Social e Muller, aprobouse un orzamento de 17.750 euros para o Programa de prevención de drogodependencias denominado "Establecemento de redes sociais e alternativas de ocio". Esta iniciativa trata de crear vínculos críticos e efectivos para o acompañamento e mediación coa comunidade dende os seus espazos e ritmos. Concrétase en ofertas de ocio saudable para a poboación xuvenil como alternativa ao consumo de drogas.
Subministro de vehículos
A proposta do concelleiro de Facenda, deuse o visto aos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e iniciouse a contratación do subministro de oito vehículos para o Concello mediante arrendamento, e o seu mantemento. O tipo máximo de licitación estableceuse en 137.379,27 euros. Estes vehículos veñen a substituír a outros xa deteriorados.
O Concello cede unha parcela á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple
31/03/2009 A Xunta de Goberno aprobou a concesión dunha parcela á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) para un centro social e de rehabilitación. Ademais, deuse o visto bo ao convenio entre o Concello e a USC para a concesión do Premio de Ensaio Xohana Torres.
O Concello cede unha parcela de 300 metros cadrados, situada no SUNP-2 de Salgueiriños á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple. Alí esta entidade construirá un Centro Social e de Rehabilitación Integral para enfermos de esclerose múltiple. A concesión outórgase por un período de 30 anos, se ben se prorrogará de forma automática por período consecutivos de cinco anos, sen que poida exceder de 75 anos.Este centro pretende ser un espazo de atención integral comunitaria e integradora, ao que poidan asistir persoas que teñan esclerose múltiple para ser atendidos nas súas necesidades físicas, psíquicas, sociais ou familiares. No complexo prestarase atención fisioterapéutica, psicolóxica, ocupacional, logopédica e social. Albergará talleres ocupacionais e actividades de lecer, e terá tamén unha unidade de estancia temporal, dirixido a fomentar a independencia funcional do afectado e proporcionar un respiro familiar.