XUNTA DE GOBERNO

Axudas para plantacións forestais e para a prevención de incendios

31/03/2009 O Goberno local aprobou as bases para a outorgamento de axudadas económicas por dous conceptos: para plantacións forestais e para as rozas e talas co fin de previr incendios forestais. Destínanse 8.000 e 7.000 euros, respectivamente, a cada unha destas convocatorias.

Por unha parte, aprobáronse axudas económicas ás asociacións e particulares co obxectivo de potenciar a actividade forestal, a biodiversidade e a paisaxe, contribuíndo a sufragar as plantacións forestais en 2009. Poderán ser subvencionadas as plantacións de carballo, bidueiro, castiñeiro, nogueira, cerdeira, ameneiro carballo americano. Serán plantas de como mínimo 50 centímetros de altura e deberán poñerse en parcelas de cando menos 500 metros cadrados de extensión, respectando as distancias mínimas e as densidades de plantación especificadas nas bases.

A contía subvencionadas é de 3 euros por planta, agás no caso do carballo americano, que será de 1,5 euros por planta. A axuda a un único interesado ou unidade familiar poderá alcanzar como máximo os 900 euros. As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP.

No caso das rozas e talas en terreos forestais, poderán optar ás axudas as asociacións veciñais e particulares que sexan propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias da totalidade dun terreo forestal incluído en áreas de especial protección dos núcleos de poboación, edificios ou urbanizacións situados a menos de 400 metros do mente. Tamén se inclúen as novas urbanizacións e edificacións en zonas de alto risco de incendios.

Para acceder a estas axudas hai que realizar os traballos preventivos que diminúan a carga e a continuidade do combustible vexeta mediante a realización de rozas (mecanizadas ou manuais) de xeito selectivo, respectando os cultivos agrícolas e as especies vexetais protexidas pola lexislación vixente. Esta actuacións comprenderán unha franxa de 100 metros arredor de calquera edificación, urbanización obras ou instalacións industriais ou eléctricas situadas a menos de 400 metros do monte.

O Concello subvencionará ata un máximo do 80% dos gastos xustificados, aplicando uns baremos. Así, na roza e tala manual, establécese un prezo máximo de 800 euros/hectárea e unha subvención máxima de 640 euros/hectárea. No suposto de roza mecanizada, o prezo máximo queda fixado en 288 euros/hectárea e a subvención máxima en 230 euros/hectárea. O prazo de solicitude será tamén dun mes dende o día seguinte á publicación no BOP.

Obras do Fondo de Inversión Local
Por outra parte, a Xunta de Goberno adxudicou definitivamente tres novas obras das incluídas no Fondo de Inversión Local. En concreto, trátase da remodelación da zona norte do parque de Salgueiriños e da creación dunha área de xogos infantís no parque de San Lázaro e doutra área recreativa en Vidán.

Por un importe de 215.383 euros e un prazo de exención de 81 días adxudicouse definitivamente a remodelación da zona norte do parque de Salgueiriños. Para a exención desta obra ocuparanse 13 persoas, das cales catro xa están na empresa adxudicataria e outras nove serán de nova contratación.

Noutra zona verde, a do parque de San Lázaro, crearase unha área de xogos infantís. A adxudicación ascendeu a 103.082 euros e o prazo de execución é tamén de 81 días. Nesta obra traballarán catro persoas.

A terceira das obras adxudicadas, por 99.938 euros, permitirá acondicionar unha parcela en Vidán para crear unha nova área recreativa. A actuación acometerase en 81 días e traballarán nela cinco persoas.

Compartir: