CENTROS SOCIOCULTURAIS
Como obxectivos xa máis específicos pretende un achegamento básico de adultos e nenos á alfabetización informática e internet, dentro do campo das novas tecnoloxías e, dentro do campo cultural, fomentar e incrementar a participación na vida cultural e artística e a animación á lectura e ao xogo, sobre todo entre os usuarios de menor idade. Xa no referente ao patrimonio e natureza o obxectivo é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio da parroquia a través de rutas culturais e de natureza e no social, impulsar a dinamización social.
Actividades para todas as idades
As actividades que se levarán a cabo para conseguir estes obxectivo son para públicos diferentes e de temática variada. Así, para os nenos e nenas haberá Xoga co Inglés; Teatro e Expresión Corporal Infantil e Informática. Todas son actividades de balde previa inscrición no centro. Ademais, haberá tamén proxección de películas infantís ao longo do ano en diversas ocasións. En canto ás actividades para adultos temos: Iniciación á Informática (actividade gratuíta); Manualidades, Baile, Poda e Xardinería e Ximnasia. Esta última será os luns, mércores e venres de 21.00 a 22.00h. Para o resto de actividades, o centro permanecerá aberto de mércores a venres de 17:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Ademais tamén haberá Sala de Lectura e Xogos, con préstamo de libros; Aula de Informática e Charlas e Obradoiros, todas elas actividades de balde. En concreto, neste segundo semestre do ano haberá Obradoiros de Cociña en abril, Obradoiros de Risoterapia os catro sábados de maio pola mañá e está prevista unha das charlas en colaboración co centro Quérote. Será na última semana do mes de abril e estará dirixida especificamente ás mulleres.
As actividades propias do centro complétanse cunha exposición, Faros de Javier Villaronga, que estará do 7 ao 28 de abril. A todo isto hai que engadir as distintas actividades que organizan os dous colectivos do barrio: a Asociación de Veciños de Marrozos e a Asociación Cultural Pena Maior, que ten clases de Baile Tradicional os xoves de 21:00 a 23:00 horas.
Cursos, cinema, charlas, obradoiros e exposicións no Plan de Dinamización do CSC de Marrozos para a primavera
30/03/2009 A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o domingo 29, no CSC de Marrozos, o Plan de Dinamización deste Centro Sociocultural.
Con este plan, o Departamento de Centros Socioculturais ten como obxectivo principal dinamizar o local sociocultural mediante un programa de actividades que pretenden poñer en marcha un espazo ata agora sen oferta sociocultural municipal, tentando facer do local un punto de referencia e encontro veciñal para a interrelación social, a participación cidadá e o encontro interxeracional.Como obxectivos xa máis específicos pretende un achegamento básico de adultos e nenos á alfabetización informática e internet, dentro do campo das novas tecnoloxías e, dentro do campo cultural, fomentar e incrementar a participación na vida cultural e artística e a animación á lectura e ao xogo, sobre todo entre os usuarios de menor idade. Xa no referente ao patrimonio e natureza o obxectivo é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio da parroquia a través de rutas culturais e de natureza e no social, impulsar a dinamización social.