EMPREGO
Os traballos que se realizarían serían:
1. Acondicionamente do campo da festa e da área recreativa de Nemenzo. Actuaríase sobre tres espazos diferenciados: unha área de 1.500 metros cadrados na que se construiría un palco, unha pista de baile e un párking; outra área de 1.400 metros cadrados para a instalación de atraccións; e o acondicionamento do resto da parcela, 2.100 metros cadrados, como área recreativa, coa instalación de mesas e bancos.
2. 1ª fase da recuperación de espazos públicos e xardíns adxacentes no barrio de Vite, dotándoos de beirarrúas, alumeado, axardinamento, mobiliario e eliminando as barreiras arquitectónicas.
3. Recinto teatral móvil para a representación de teatro de títeres en espazos públicos, de fácil montaxe.
O obxectivo dos obradoiros de emprego é que as persoas participantes, maiores de 25 anos, adquiran formación profesional e práctica laboral, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social, relacionados cos novos viveiros de emprego. A formación recibida e a práctica adquirida facilitarán a súa posterior inserción laboral por conta propia, mediante a creacion dunha empresa, ou por conta allea.
Para participar nun obradoiro de emprego teñen preferencia aqueles colectivos con especiais dificultades de inserción no mercado de traballo: mulleres en xeral, persoas desempregadas de longa duración, persoas maiores de 45 anos, persoas con discapacidade, e persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.
As persoas participantes nun obradoiro de emprego reciben formación profesional nunha especialidade, práctica e experiencia profesional nas ocupacións en que se formen, formación xeral para alcanzar os niveis de educación obligatoria (se é o caso), información sobre técnicas de búsqueda de emprego e orientación laboral, formación sobre autoemprego e creación de pequenas empresas, e formación en prevención de riscos laborais, informática e igualdade de oportunidades.
Promoción Económica solicitará á Consellería de Traballo unha subvención para o Obradoiro de Emprego Compostela Natural II
26/02/2009 A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo solicitará á Consellería de Traballo unha subvención de 1.321.894 euros para o Obradoiro de Emprego Compostela Natural II, despois de que a Xunta de Goberno aprobara o proxecto o 25 de febreiro. A proposta contempla o acondicionamento do campo da festa e a área recreativa de Nemenzo, a recuperación de espazos públicos en Vite e a construcción dun teatro de títeres móvil.
A memoria presentada pola Concellaría contempla formar a 64 persoas desempregadas durante 12 meses nas especialidades de Carpintería (16 alumnas/os –traballadores), Albanelería (32 alumnas/os –traballadores) e Xardinería (16 alumnas/os –traballadores). O orzamento total do proxecto establécese en 2.810.810 euros, co-financiados pola Consellería de Traballo e o Concello de Santiago.Os traballos que se realizarían serían: