PLENO
Segundo explicou o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, o obxecto da Rede é xerar unha dinámica entre as cidades españolas co fin de facilitar, facer máis segura e desenvolver a circulación en bicicleta, especialmente no medio urbano. A entidade Intensificará a promoción da bicicleta e impulsará iniciativas para que o desprazamento en bicicleta resulte atractivo e seguro. Tamén se fomentará o incremento das infraestruturas para o uso da bicicleta e favorecerase a intermodalidade e a multimodalidade.
O alcalde será o representante do Concello nos diferentes órganos da Asociación. Actuará como suplente o concelleiro de Transportes.
Iniciativas conxuntas en torno ao Camiño
Por outra parte, aprobouse por unanimidade a adhesión á Rede de Cidades do Camiño de Santiago, así coma os seus estatutos. Forman inicialmente esta rede, ademais de Compostela, as cidades de Pamplona, Logroño e Burgos, se ben está aberta a outras incorporacións de cidades de máis de 75.000 habitantes e que conten cando menos con 500 habitacións en hoteis de tres, catro e cinco estrelas.
A Rede, con sede en Santiago, expresa a vontade de cooperar e promover o turismo urbano e cultural no Camiño de Santiago e presentar proxectos e propostas comúns ante as Administracións Públicas. Tal como indicou o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, esta entidade tamén articulará iniciativas propias e conxuntas no ámbito turístico.
Estudos de detalle
No ámbito do Urbanismo, o Pleno aprobou definitivamente por unanimidade a modificación puntual do estudo de detalle para a instalación de ascensores nos edificios de Aviación Civil da avenida Salamanca e da rúa de Oviedo. O cambio afecta á situación do ascensor do portal 3 e xustifica a oportunidade da reforma, así como as obras a realizar e os materiais a empregar, ademais do resultado volumétrico.
A instalación de ascensores nos portais 1 ao 6 destas rúas mellorará a habitabilidade dos edificios a través dunha intervención única. A solución elixida é un ascensor hidráulico de catro prazas pegado á fachada lateral do edificio, con acceso directo dende a rúa.
Ademais, ratificouse o estudo de detalle dunha parcela residencial, denominada R-2, no SUNP-4 do Camiño Francés, onde se construirán 11 vivendas unifamiliares adosadas. O estudo recolle a necesidade dun muro de contención entre dúas parcelas debido aos desniveis producidos entre un vieiro existente e un novo. Todo isto respectando os parámetros do plan de sectorización da área.
Ademais, aceptouse unha alegación no sentido de ampliar o fondo edificable en plana soto, para así permitir a creación dun núcleo de comunicación vertical de todas as plantas.
Condecoracións
Finalmente, e a proposta da concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, o Pleno acordou a concesión da Medalla do Corpo da Policía Local á directora xeral de Interior e da Academia Galega de Seguridade da Xunta, Isabel Durántez Gil, e aos policías municipais xubilados Antonio Rivas Álvarez e Constantino Alfonso Álvarez Pena. Recibirán a súa distinción na festividade do patrón da Policía Local, o sábado 7 de marzo.
Santiago únese a dúas novas redes de cidades
26/02/2009 O Pleno ordinario do mes de febreiro ratificou a adhesión do Concello de Santiago a dúas novas redes de cidades: a Rede de Cidades pola Bicicleta e a Rede de Cidades do Camiño de Santiago.
O 13 de marzo celebrarase en Sevilla a asemblea constituínte da Rede de Cidades pola Bicicleta. Cos votos favorables do grupo de Goberno e a abstención do PP, acordouse a incorporación de Santiago a esta rede como socio fundador.Segundo explicou o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, o obxecto da Rede é xerar unha dinámica entre as cidades españolas co fin de facilitar, facer máis segura e desenvolver a circulación en bicicleta, especialmente no medio urbano. A entidade Intensificará a promoción da bicicleta e impulsará iniciativas para que o desprazamento en bicicleta resulte atractivo e seguro. Tamén se fomentará o incremento das infraestruturas para o uso da bicicleta e favorecerase a intermodalidade e a multimodalidade.