URBANISMO
A concelleira destacou tamén "a rápida resposta da iniciativa privada ás previsións do novo planeamento". Así, atópanse en fase de trámite os solos urbanizables SUD-8 (Torrente), SUD-9/10 (estrada de Vigo), SUD-11 (Muíño de Vidán) e SUD-14 (Monte do Seixo). Todos eles permitirán crear 969 vivendas libres e outras 271 protexidas.
O resultado final da posta en marcha destes solos supón a creación dunhas 11.250 vivendas, das cales máis de 7.700 estarán suxeitas a algún réxime de protección oficial. Incorporaranse deste xeito ao solo urbano 1.748.663 metros cadrados. Pero ante todo, destacou Rosón, "este crecemento residencial faise baixo criterios de sustentabilidade ambiental".
Culminación do Plan de 1989
O 2008 foi un ano no que tamén se culminaron os procesos previstos no Plan Xeral de 1989. Así, están en fase de urbanización a través de EMUVISSA ata oito solos: SUNP-5 (A Muíña), SUP-7 (Pontepedriña), SUP-2.1 (Cornes), SUNP-22 (Castro de Abaixo), SUNP-11 (Castiñeiriño), SUNP-12 (Lamas de Abade) e SUNP-14 (Tras Paxonal), aos que se suma o SUNP-13 (estrada da Estrada), promovido polo IGVS. Nestes solos construiranse 2.169 vivendas protexidas e 602 libres.
No caso da iniciativa privada, están en marcha o SUNP-4 das Cancelas, o SUNP-25 de Roxos, o SUP-1 de Romero Donallo, o SUP-3.2 de Pontepedriña e o SUP-2.2 de Cornes. Estes cinco polígonos suman 737 vivendas libres e outras 141 protexidas.
En materia de solo industrial, EMUVISSA está a promover a incorporación do SUNP-37.3 e do SUNP-38, que sumarán 498.000 metros cadrados urbanizados. A estes hai que engadir as iniciativas do IGVS no SUNP-32 de Monte Medorra, con 487.761 metros cadrados e no SUND-40 da Sionlla, con 1.340.000 metros cadrados.
Concesión de licenzas e creación de emprego
Para Mercedes Rosón, "esta coidada planificación supón que nestes momentos de crise o Concello de Santiago poida manter a actividade empresarial, abordando tanto a urbanización dos solos como a edificación dos solares resultantes". "Manter esta actividade é o noso principal obxectivo para 2009, poñendo en marcha no mercado solo urbanizado, especialmente para vivenda de protección oficial, o que nos permitirá garantir o dereito dos nosos cidadáns a unha vivenda digna e paliar os efectos que sobre o emprego está tendo esta crise económica", engadiu.
Os resultados desta actividade permanente son perceptibles tamén a través do ritmo de concesión de licenzas. En 2008 outorgáronse 1.164 licenzas para novas unidades residenciais, ás que hai que sumar as 42 de naves industriais, as 28 para reformas e rehabilitacións, ou as concedidas para novas instalacións.
No que vai de 2009 abríronse 28 expedientes de licenza de obra maior e concedéronse 23 licenzas, que supoñen un total de 410 vivendas, co seguinte desglose: 56 para vivenda unifamiliar, 314 para vivenda colectiva e 40 para residencial comunitario.
Outros proxectos
Mercés Rosón finalizou a súa intervención recordando outros proxectos da súa Concellería para 2009, como a elaboración dun mapa de ruídos e dun inventario de actividades. Tamén salientou un proxecto no que se está a traballar en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), co Colexio de Arquitectos de Galicia e coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería de Presidencia. Esta iniciativa permitirá unha xestión máis rápida de todas as solicitudes de licenza a través da tramitación dixital dos documentos.
O Concello consolida o seu modelo de crecemento ordenado co impulso a 7.700 vivendas protexidas no marco do novo PXOM
26/02/2009 A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, repasou a xestión en materia de vivenda e solo industrial en 2008, o exercicio no que se aprobou definitivamente a totalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Esta aprobación permitiu ao Concello impulsar novos polígonos de vivenda protexida, un dos eixes do modelo de crecemento da cidade.
Rosón recordou que, xa no marco do novo PXOM, están contratados ou en fase de redacción os plans parciais dos solos urbanizables delimitados SUD-1 de Mallou, asumido este polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), SUD-2 das Cancelas-A Muíña, SUD-3 de Amio Norte, SUD-4 da Pulleira e SUD-5 de Amio Sur. En total, estes polígonos no Ensanche Norte suporán a creación de 7.447 vivendas protexidas e 2.566 libres.A concelleira destacou tamén "a rápida resposta da iniciativa privada ás previsións do novo planeamento". Así, atópanse en fase de trámite os solos urbanizables SUD-8 (Torrente), SUD-9/10 (estrada de Vigo), SUD-11 (Muíño de Vidán) e SUD-14 (Monte do Seixo). Todos eles permitirán crear 969 vivendas libres e outras 271 protexidas.