ALCALDÍA

Os empresarios do transporte de viaxeiros por estrada reuníronse en Santiago

30/01/2009 A Federación Española Empresarial de Transporte de Viaxeiros (ASINTRA) celebrou a súa Asemblea Xeral en Santiago. A esta reunión, celebrada no Hotel NH Obradoiro, asistiron os empresarios do sector do transporte de viaxeiros por estrada e representantes das administracións central e autonómica.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu a benvida aos participantes desta asemblea, que tamén serviu de marco para a entrega dos Premios ASINTRA 2008. No acto participaron o secretario de Estado de Transportes, Fernando Palao; a conselleira de Política Territorial, María José Caride; e o presidente de ASINTRA, Lorenzo Chacón.

Sánchez Bugallo felicitou aos premiados, o secretario de Estado para o Transporte, Fernando Palao Taboada, e lembrou a outro dos premiados a título póstumo, José Manuel Castro Rodríguez, vicepresidente e conselleiro delegado do grupo de empresas Castrosúa, á que dedicou máis de 25 anos en colaboración co seu pai, José Castro, que recolleu o galardón.

José Manuel Castro foi un dos empresarios máis destacados do sector en todo o Estado. Grazas á súa tenacidade e espírito innovador, logrou evolucionar o mundo das carrocerías.

Compartir: