ALCALDÍA
Neste obxectivo de fomentar o emprego e a actividade económica nun momento de crise, o Concello tamén traballa noutras liñas. Tal é o caso, segundo destacou o rexedor municipal, da recente convocatoria para construír 200 novas vivendas. "Sacamos este concurso en sete bloques, para permitir optar ao mesmo a pequenos e medianos promotores", dixo. Á vista do desenvolvemento desta convocatoria, a previsión municipal é sacar unha nova en xuño.
Estación do AVE
O alcalde aproveitou a súa rolda de prensa semanal para referirse a algúns puntos tratados no Pleno municipal da xornada anterior. En particular, falou da futura estación do AVE e reiterou que "Santiago ten que ter a estación que precisa". "Estamos dispostos a conservar todo o conservable, pero sempre que sexa compatible con esa gran estación que Santiago precisa", engadiu.
Todo isto determinarase cando se elabore o Plan Especial. "Aí veremos o que é posible preservar e o que non" dunha estación que, recordou, estará fisicamente onde se atopa a actual. Sobre a mesma, insistiu, "ninguén estimou que fora razoable catalogala e non se lle recoñeceu ningún valor arquitectónico razoable" cando se fixo a catalogación de 73 edificios do Ensanche.
Museo de Historia Natural e edificio de Portas de Galicia
Outro asunto do Pleno foi a vía libre para a licitación das obras do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" e para a concesión da licenza da nova sede de Portos de Galicia.
Sobre o primeiro, resaltou que se pasou dunha ocupación prevista para a Finca de Vista Alegre no PXOM de 5.400 metros cadrados a 4.200, co que quedan 32.000 metros cadrados libres. Recalcou que o Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" será a última actuación que se realice nesta finca. O Consorcio realizará esta obra, da que en breve se presentará o proxecto.
En canto á sede de Portos de Galicia, Sánchez Bugallo lembrou que, fronte ao edificio rectangular previsto nun principio, se optou por un máis orixinal. Non supón unha ocupación de maior espazo, pero si que haxa elementos irregulares que sobresaian por fóra do espazo reservado. A previsión é que tanto este edificio como o Museo de Historia Natural estean rematados a finais de 2010.
En maio estarán en marcha todas as obras financiadas polo fondo estatal
30/01/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o Ministerio de Administracións Públicas (MAP) xa aprobou 27 das 33 obras presentadas polo Concello para o seu financiamento a cargo do fondo estatal de investimento público. Unha vez que se aproben os seis restantes proxectos, o Concello prevé licitar todas as obras ao longo do mes de marzo, co obxectivo de que todas estean en marcha no mes de maio.
O obxectivo municipal é ter rematadas todas estas obras o 31 de decembro de 2009, se ben a lei prevé a posibilidade de solicitar un prazo suplementario ata o 31 de marzo de 2010. Sánchez Bugallo resaltou a importancia desta inxección económica para a creación de emprego. Así, o Concello remitiu ao MAP unha cifra de 300 novos empregos, se ben o alcalde indicou que "fomos prudentes e non incluímos os postos conxunturais que se xeran en momentos puntuais das obras". De feito, estimou a creación real de entre 500 e 600 empregos.Neste obxectivo de fomentar o emprego e a actividade económica nun momento de crise, o Concello tamén traballa noutras liñas. Tal é o caso, segundo destacou o rexedor municipal, da recente convocatoria para construír 200 novas vivendas. "Sacamos este concurso en sete bloques, para permitir optar ao mesmo a pequenos e medianos promotores", dixo. Á vista do desenvolvemento desta convocatoria, a previsión municipal é sacar unha nova en xuño.