CULTURA
Pedro Fresneda, director e escenógrafo da peza, definiu A estratexia da avestruz como unha reflexión arredor da estupidez do ser humano, que "por veces é máis forte do que pensa e remata metendo a cabeza no burato para non ver os seus actos, de aí o título da obra". Trátase dunha peza conceptual escrita e dirixida polo propio Fresneda, sen un fío argumental definido no que catro personaxes desenvolven as súas obsesións máis persoais. Segundo afirma o director da compañía, "en Teatro Ensalle queremos incidir na condición animal do ser humano".
A estratexia da avestruz constitúese como unha investigación sobre a incapacidade humana, a estupidez e a felicidade. A obra parte dun traballo de análise sobre as parvadas do cotiá, sobre a diversión como único obxectivo, sobre a busca da solución máis sinxela e non a máis efectiva.
Á procura de novas linguaxes
Teatro Ensalle é unha compañía creada en 1995 na cidade de Vigo. Dende o ano 2003 traballou sobre novas linguaxes propias e dramaturxias ao servizo da creación cunha posta en escena elaborada. No seu haber figuran 11 obras que acadaron gran repercusión nas artes escénicas españolas. Na actualidade a compañía ten en xira 105 pasos ou a mecánica da carne e Voute botar de menos. A estratexia da avestruz vén de ser representada en diversos teatros da Península e en Arxentina, cun rotundo éxito de público e crítica.
A cita para os afeccionados ao teatro de Compostela é o venres 30 e o sábado 31 de xaneiro, a partir das 21:00 horas. As entradas, a 7, 5 e 3 euros, pódense adquirir na billeteira da sala os días de función ou anticipadas a través de Caixa Galicia, no 902 434 443 ou na súa billeteira virtual en www.caixagalicia.es.
Teatro Ensalle chega ao Principal con "A estratexia da avestruz"
29/01/2009 Presentouse en Raxoi a obra teatral A estratexia da avestruz, que a compañía Teatro Ensalle vai poñer en escena no Teatro Principal os días 30 e 31 de xaneiro a partir das 21:00 horas.
Na presentación das dúas funcións, a concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, gabou a traxectoria de Teatro Ensalle, unha compañía de creación e investigación que achega nas súas creacións unha visión incisiva da realidade contemporánea, cun forte traballo físico froito dun continuo proceso de adestramento. A representación inclúese no programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios.Pedro Fresneda, director e escenógrafo da peza, definiu A estratexia da avestruz como unha reflexión arredor da estupidez do ser humano, que "por veces é máis forte do que pensa e remata metendo a cabeza no burato para non ver os seus actos, de aí o título da obra". Trátase dunha peza conceptual escrita e dirixida polo propio Fresneda, sen un fío argumental definido no que catro personaxes desenvolven as súas obsesións máis persoais. Segundo afirma o director da compañía, "en Teatro Ensalle queremos incidir na condición animal do ser humano".