EDUCACIÓN, DEPORTE E FESTAS
Para o martes 30 de decembro está prevista a presenza de Tomporrontou cos seus "Contos do bardo Abelardo", de 18:00 a 19:30 horas no Salón do Libro. E ás 18:30, momento para o humor e o ilusionismo co Máxico Circus Cabaret.
Ademais, seguen en Sar as distintas actividades diarias, como as do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, onde existe un recuncho da lectura ou a exposición dos finalistas do Concurso de Carteis de Nadal. Para os máis pequenos hai un parque infantil de tráfico e obradoiros, entre outras actividades, e para os máis deportistas, tenis de mesa, esgrima, bádminton ou deporte na Wii. Non faltan tampouco os obradoiros de cestería, encadernación, plástica, abelorios e gomaespuma.
Maxia, teatro e títeres en Nadalxogo
29/12/2008 Continúa a desenvolverse Nadalxogo, que permanecerá ata o 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar. Para os días 29 e 30 de decembro hai previsto un completo programa de actividades extraordinarias que inclúe maxia, teatro e títeres.
O luns 29 de decembro, no espazo do Salón do Libro, actuará Trinke Trinke, quen porá en escena unha peza teatral para animar á lectura entre as 18:00 e as 19:30 horas. Nesta mesma xornada estará en Sar o grupo Trabelos, quen representará con títeres os contos de sempre grazas ao espectáculo "A que cheiran os contos?". Será a partir das 18:30 horas.Para o martes 30 de decembro está prevista a presenza de Tomporrontou cos seus "Contos do bardo Abelardo", de 18:00 a 19:30 horas no Salón do Libro. E ás 18:30, momento para o humor e o ilusionismo co Máxico Circus Cabaret.