ALCALDÍA
Así, no capítulo de infraestruturas viarias, destacou a apertura das autovías de Brión e da Estrada, e o desbloqueo "parcial" da autovía a Lugo. Segundo indicou, unicamente quedan por desbloquear os tramos Arzúa-Melide e Melide-Guntín. Tamén valorou a apertura da autovía do Barbanza.
En canto ao aeroporto, referiuse á importancia do impulso das obras da pista e do estacionamento de aeronaves, que se unirán ás da nova terminal e suporán en conxunto un investimento duns 200 millóns de euros. Ao desenvolvemento desta última contribuirá o acordo logrado finalmente por Defensa e o Aeroclub para o traslado das súas instalacións.
Tamén se referiu o alcalde ás obras da Cidade da Cultura e, en concreto, á inminente concesión da licenza de apertura para o edificio da Hemeroteca. Outro contedor cultural sobre o que se puxeron as bases foi o futuro Museo da Cidade e das Peregrinacións, unha vez adquiridos o Banco de España e a Casa do Cabildo. Igualmente, contribuirá a "consolidar o perfil cultural da Cidade Histórica" o centro sociocultural que xa constrúe Caixanova e o Auditorio da mesma entidade, pendente da concesión da licenza. Ademais, en breve presentarase o proxecto do Museo Luís Iglesias.
Finalmente, falou da creación de vivenda protexida -coa entrega dos polígonos 6 e 7 de Fontiñas, o 22 de Conxo e o 6 de Santa Marta- e de solo industrial, coa adxudicación da urbanización do solo da Sionlla.
Máis vivenda protexida e obras
Para o 2009, o alcalde adiantou algunhas das prioridades do Goberno municipal, como seguir creando vivenda protexida. Así, concederase licenza para unhas 1.300 vivendas, das que 1.050 terán algún réxime de protección. En canto ao solo industrial, impulsarase a urbanización das áreas de Formarís e Costa Vella, que se desenvolverán case ao tempo que o solo da Sionlla.
Respecto a algunhas obras que se porán en marcha destacou as da terminal, pista e plataforma de aeronaves de Lavacolla. Respecto á pista, apuntou que a aspiración municipal é que a lonxitude actual, 3.250 metros, medre ata alcanzar finalmente os 3.800 metros. Tamén sobre o aeroporto, recordou que está en tramitación o seu novo Plan Director.
Importantes obras serán igualmente as que completarán o convenio asinado con Fomento: túnel da Galuresa, duplicación da ponte de acceso ao Polígono do Tambre, terceiro carril do periférico e túnel de Conxo (esta non prevista naquel convenio).
Sánchez Bugallo agarda que 2009 sexa tamén o ano no que se pecha o acordo da estación do AVE e de impulso ao terceiro e cuarto carril da AP-9. Para rematar, recordou que será un exercicio no que "se farán grandes esforzos en políticas de solidariedade", como así quedou plasmado nos orzamentos municipais recentemente presentados e pendentes de aprobar polo Pleno.
Peso económico en Galicia
O alcalde referiuse tamén aos datos do Atlas Socioeconómico de Galicia, publicado por Caixanova, que reflicten que, malia ter o 3,4% da poboación galega, o peso na economía autonómica é do 5,4%. Entre outros indicadores aos que se referiu, destacou o da renda per cápita, que en Santiago se sitúa nos 23.366 euros, só superada entre as grandes cidades pola Coruña (23.799) e por riba das medias galega, española e europea. Segundo indicou Bugallo, estas cifras falan dunha "estrutura económica relativamente potente e sólida", un dato que resulta especialmente significativo "ao no ter unha grande empresa que marque o peso económico da cidade".
Sánchez Bugallo anuncia un 2009 de políticas sociais, vivenda e infraestruturas fundamentais para a cidade
26/12/2008 A piques de rematar o 2008, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo balance do ano e avanzou algunhas das prioridades para 2009. Este novo ano -apuntou- caracterizarase polas políticas socias, a construción de vivenda pública e solo industrial e o impulso a importantes infraestruturas para a cidade.
Respecto a 2008, Sánchez Bugallo definiuno como o ano no que se aprobou a totalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e no que se rematou o Plan Estratéxico. Tamén foi unha campaña na que se impulsaron ou se remataron diversas obras claves para a cidade.Así, no capítulo de infraestruturas viarias, destacou a apertura das autovías de Brión e da Estrada, e o desbloqueo "parcial" da autovía a Lugo. Segundo indicou, unicamente quedan por desbloquear os tramos Arzúa-Melide e Melide-Guntín. Tamén valorou a apertura da autovía do Barbanza.