MEDIO AMBIENTE
Por outra banda o Conselleiro manifestou a vontade da Consellería en colaborar no abastecemento de Santiago e comprometeuse a cofinanciar as actuación de maior cuantía, algunhas nun 50 e outras nun 15%. O seu obxectivo é que no primeiro trimestre do 2006 xa estén licitadas algunhas das actuacións previstas. Vázquez prevé a que nun prazo de catro ou cinco anos estén executadas tódalas actuacións que a Consellería ten pendentes co Concello.
A Consellería de Medio Ambiente cofinaciará o saneamento de Compostela
30/09/2005 O alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse co Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, no Concello o sanemento integral de Santiago e do rural así como o peche da pranta de Sogama, entre outros temas.
Tralo encontro, o alcalde explicou que o Conselleiro manifestara o compromiso de manter e executar os dous convenios existentes entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Santiago, e anunciou que pecharan novos convenios.Por outra banda o Conselleiro manifestou a vontade da Consellería en colaborar no abastecemento de Santiago e comprometeuse a cofinanciar as actuación de maior cuantía, algunhas nun 50 e outras nun 15%. O seu obxectivo é que no primeiro trimestre do 2006 xa estén licitadas algunhas das actuacións previstas. Vázquez prevé a que nun prazo de catro ou cinco anos estén executadas tódalas actuacións que a Consellería ten pendentes co Concello.