URBANISMO
O número de vivendas construídas ascende a 288 e o investimento supera a cifra dos 2.840.000 euros. A esta cantidade cómpre sumar a correspondente ao vieiro de conexión entre o polígono SUP-6 de Santa Marta e o SUNP-22, que ascende a 436.312,13.
A urbanización conta con catro contedores soterrados e, no referente ás instalacións, con 113 unidades de báculos, luminarias e lámpadas, canalización telefónica, de rede de rego e de gas cidade, así como as canalizacións pluviais, residuais e de abastecemento necesarias.
Compostela conta con preto de 300 novas vivendas en Castro de Abaixo
29/11/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de inauguración do polígono SUNP-22, ubicado en Castro de Abaixo, na zona da Choupana, no que se investiu a cantidade de 2.847.688,81 euros.
O solo urbanizable non programado número 22 de Castro de Abaixo conta cunha superficie total de 54.843 metros cadrados, dos que 15.890 están destinados a viario público e 20.965 a dotacións, equipamento e zonas verdes. A área de céspede da urbanización supón 11.186 metros cadrados.O número de vivendas construídas ascende a 288 e o investimento supera a cifra dos 2.840.000 euros. A esta cantidade cómpre sumar a correspondente ao vieiro de conexión entre o polígono SUP-6 de Santa Marta e o SUNP-22, que ascende a 436.312,13.