REFORMA ADMINISTRATIVA
Entre as actuacións postas en marcha compre sinalar os novos servizos na carpeta cidadá, coma o acceso mediante DNI electrónico, o servizo de solicitudes de paso e parada, a incorporación de novos tributos ou a posibilidade de realizar toda a tramitación dos pagamentos a través da web.
Ademais, creouse un novo rueiro municipal que permite o acceso a información e localización no plano de servizos de interese para os cidadáns e visitantes en aspectos como o aloxamento, a cultura, a seguridade, a saúde, tráfico e transporte, etc.
Tamén se puxo en marcha un novo sistema de tramitación de queixas e suxestións que permitirá á Comisión de Suxestións, Queixas e Reclamacións facer o seguimento das queixas e suxestións presentadas polos cidadáns.
Outros avances producidos grazas a este proxecto foron a informatización da xestión de expedientes do Departamento de Planeamento e Xestión da Área de Urbanismo, e a realización de distintas actividades formativas co obxectivo de que o persoal do Concello utilice de un xeito eficiente as ferramentas ofimáticas e o xestor de expedientes municipal.
"Santiago Contigo", unha aposta pola administración electrónica
28/11/2008 O Concello de Santiago de Compostela veu realizando unha serie de actuacións no eido da modernización e implantación da administración electrónica ao longo de 2008. Recibiu a denominación xenérica de Santiago Contigo.
Este proxecto tivo un custo de 110.564 euros e para o mesmo foille concedida ao Concello unha subvención de 60.000 euros a cargo da Consellaría de Innovación e Industria, co cofinanciamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Esta achega enmárcase no programa Concellos Dixitais 2008-2009, contemplado á súa vez no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información e no Plano Avanza.Entre as actuacións postas en marcha compre sinalar os novos servizos na carpeta cidadá, coma o acceso mediante DNI electrónico, o servizo de solicitudes de paso e parada, a incorporación de novos tributos ou a posibilidade de realizar toda a tramitación dos pagamentos a través da web.